A NAVE DOS FATOS - Ana G. Lartitegui
Un «rapaz moi listo» vive nunha cidade de parvos e, claro, abúrrese moito. Unha boa mañá, para superar ese aburrimento, decide gastar unha broma ao seu veciño: planta unha tomateira nunha xerra e engade esta misteriosa mensaxe «Tomates chegando a trece, quen conta desaparece». A partir de aí, encadéanse múltiples sucesos nos que a planta irá pasando de man en man nunha delirante e accidentada viaxe.