ROSALÍA FEMINISTA - Rosalía de Castro

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1322/image_1920?unique=b2b472e
(0 reseña)

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viºva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamen sen amo que resolve, como unha Penelope navegante, deixar de agardar.

14,50 € 14.5 EUR 14,50 €

14,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.