ORFEU EN SOÑOS - Ramón Blanco

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1655/image_1920?unique=0a78996
(0 reseña)

Esperta este Orfeu en soños de vedraia tumba de marbre, nun illote fronte ás costas de Tracia, erguendo a fonte limpa do seu canto e a súa profética sombra (Pantasma de dubidoso aspecto) dende as primeiras páxinas do libro. Mais non recalará a súa lira nas costas mediterráneas –homérico mar, escuro coma o viño–. Na súa singradura escorregan ronseis e hexámetros clásicos sobor das ondas, e os timoneis –de Ulises a Derek Walcott e Manuel Antonio– sucan por mares nunca de antes navegados. O obxetivo son as Illas Afortunadas, metáfora ou paráfrase incompleta da Arte e da Poesía Boa. Cada poema é arquipélago de seu; os versos, as imaxes corren en carreira desbocada, iluminan uns instres antes de apagarse –como chama– e seren sobrepasadas na carreira. Recalada nunha illa: rubimos entre o recendo de rústicas flores a tortuosa xeografía da sintaxe. En cada río e curso de auga toma quizaves Ofelia as nove ondas que fecundan estes versos. E os paxaros faladores esgazan co peteiro follas que conteñen poemas de amor. (Conde de Paço Tristão).

10,00 € 10.0 EUR 10,00 €

10,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.