BAIXO O XEO - Adrián Pérez Bote
A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.
Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.
Dúas historias entrelazadas que, ao despregárense, falan de conviccións, de coraxe e de sacrificio, ao tempo que nos propoñen algunhas preguntas atemporais: cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?