ESPANTALLO AMIGO - Xosé Neira Vilas

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/541/image_1920?unique=527a5c3
(0 reseña)

Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.

11,30 € 11.3 EUR 11,30 €

11,30 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.