CRÓNICA DA GALIZA BIZARRA - Calros Solla

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1455/image_1920?unique=472e5ea
(0 reseña)

Crónica da Galiza bizarra reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par. Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até o ano 1968, unha centena longa de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves; contos cativos hibridados de impactante veracidade, arroubadora mitoloxía e final aberto; o suceso elevado ao expoñente do prodixio.

20,00 € 20.0 EUR 20,00 €

20,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.