CONTOS DE SEU - Xosé Tomás
"Contos de Seu" é unha homenaxe. A un autor, Ánxel Fole, e, sobre todo, a unha visión do mundo, que é o que unha cultura ten e a fai ser o que é: a súa mirada.
Unha mirada que esculca, amable na dureza, de verdades suxeridas, e de estoica aceptación das cruezas da existencia. Esa mirada desta cultura, a galega, é a que tan maxistralmente plasmou Fole na súa obra, nos seus contos. Personaxes narrados e vivencias descritas, riqueza nas palabras e nos recantos dos pensamentos, retrato fotográfico de lugares e momentos, de relacións vitais, dun universo que foi.