PERMACULTURA 2da ed. (Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor) - Alexandre Grande Babarro
Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial. Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos. Nesta segunda edición actualizada, o autor completa e actualiza ademais a súa presentación de proxectos activos en Galiza que traballan cara á transición. Coñecer esta vangarda galega servirá de estímulo ao apoderamento e o emprendemento doutros proxectos de transformación ecosocial.
Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, económicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade.