CONCHA DO CAÑIZO - Xulia Feixoo

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/114/image_1920?unique=41e792e
(0 reseña)

Concha do Canizo. Este pandeiro que toco… é o novo e agardado traballo da etnomusicóloga Xulia Feixoo no cal aborda as prácticas de transmisión oral protagonizadas polo pandeiro na Terra das Frieiras. O fío condutor é a historia de vida da propia Concha construída a partir dun conxunto de entrevistas e gravacións musicais, até o de agora inéditas, que lle foron realizadas nun período de sesenta anos (1952-2012). O libro contén fotografías, bailegramas, transcricións musicais e lingüísticas e información dos usos e costumes na sociedade tradicional de alto valor antropolóxico, histórico, etnográfico e filolóxico. O CD inclúe gravacións orixinais realizadas por Alan Lomax en 1952 e polos compiladores Xabier Díaz, Xosé Lois Foxo, Leni Pérez, Miguel Souto e Xisco Feijoó e Guillerme Ignacio cedidas en exclusiva para a presente publicación.

20,00 € 20.0 EUR 20,00 €

20,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.