A CULTURA DO MEL NA COSTA DA MORTE - Carme Toba Trillo
Na presente obra, a investigadora Carme Toba, ofrécenos unha viaxe antropolóxica ao mundo da cultural do mel en Galicia e, nomeadamente, na Costa da Morte. Esta monografía é froito de moitos anos de documentación e labor investigadora ao redor da historia da produción e dos usos do mel na cultura galega e, sobre todo, dun minucioso traballo de campo documentando o patrimonio etnográfico vencellado á cultura do mel.
A monografía "A cultura do mel na Costa da Morte" é froito dunha ardua investigación que comezou a raíz de ter localizado a autora na súa aldea alvarizas e toponimia referente ao mel.