MÁIS ALÓ DE FISTERRA - Francisco Álvarez Koki

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/551/image_1920?unique=4701004
(0 reseña)

Cando eu era pícaro aló pola Corda do Nordés falaban dun túnel desde Europa a América: ben o podía haber. Explicaría millor a intensa simbiose poética que vive Francisco entre as terras da Fisterra e as outras terras Mais aló de Fisterra. É unha simbiose suxestiva xa que logo arela superar a dobre vida, a terríbel esquizofrenia producida polo contraste brutal entre dous mundos tan opostos.

Eiquí en Nova Iork todo son interiores: o restaurante onde traballa, o camiño de ferro por debaixo do cemento, a vivenda nun sótano. Cando saía coller o sol, só se pode sentar nun banco de cemento: non ve o sol senón o avesío do tempo gris de Nova Iork. Alí sentado soña el sempre nas solainas de pedra de Pontevedra. (Naceu Francisco na Guarda fai uns trinta anos).

Francisco xamais tivo tempo pra ler; ca seque non tivo tempo pra aprender a ler. El é un verdadeiro facedor de poesía: É UN AUTÉNTICO.

Por iso el cre no fondo do seu ser que ten que haber algo mellor ca “mil, un millón de verbas falsas”.

15,00 € 15.0 EUR 15,00 €

15,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.