LAPISLÁZULI (O regreso das superguerreiras) - Alba Rozas
Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?