PEDRO E O LOBO - Inacio e Iván Suárez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/511/image_1920?unique=95c6f7f
(0 reseña)

Inacio e Iván Suárez agasallan os lectores máis novos con esta fermosa e divertida adaptación do clásico universal de Prokofiev, que transcende os medios neste proxecto de teatro, música e banda deseñada. Unha ledicia de lectura!
En 1935, Natalia Sats e o Teatro Central Infantil de Moscova encargaron a Serguei Prokofiev unha sinfonía musical para público infantil. Motivado polo encargo, Prokofiev compuxo Pedro e o lobo en catro días. O 2 de maio de 1936 estreouse a obra, sen demasiado éxito. O compositor ruso estaba lonxe de saber que, co tempo, a súa peza se convertería nun clásico que conta con versións e adaptacións a libro infantil, teatro, cinema de animación ou banda deseñada, todas elas en multitude de linguas.
Esperamos que goces desta versión que fan Inacio e Iván Suárez coa súa habitual mestría para desenvolver historias a través das viñetas.

15,00 € 15.0 EUR 15,00 €

15,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.