NA REPÚBLICA DA CASCARILLA - Fuco Paz Souto

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/519/image_1920?unique=4f3466b
(0 reseña)

“Non hai moito, escoitei a unha caboverdense dicir que: “gostaría de ter uns brazos infinitamente longos para poder abrazar a todos os galegos e galegas”. Con esta hipérbole tan bonita estaba amosando o seu agradecemento á veciñanza de Burela, por tela acollida con tanto cariño cando arribou, na compaña do seu home, á Mariña luguesa.

Fago miña esta hipérbole dunha caboverdense anónima para amosar o meu agradecemento ao barrio no que nacín, no que me criei, e no que fun feliz.

Os Muíños era un barrio “abrazado” polo río de Monelos que esmorecía no golfo ártabro entregando as súas augas dóces á mar océana. O río, ademais das augas dóces, entregaba tamén un feixe inmorredoiro –a modo de legado-, no que se incluían historias irrepetíbeis de xogos, de amor, de amizade, de leas, zarapalladas, marañas…, e unha infinita suma de recordos, que cada un dos que habitamos o barrio sabemos que nos acompañarán para sempre.

“Na República da Cascarilla” conviven coa Narrativa, outros subxéneros pertencentes á arte de relatar: “Reportaxe”, “Crónica”, “Memoria”, “Autobiografía”, e mesmo narracións propias dos Libros de Viaxes.

Deixo nas vosas mans unha obra para vos mergullar en mundos pretéritos, que a modo de Odisea han facer que viaxedes por ríos e mares literarios creados no voso maxín e, de certo, polos que navegastes cando erades adolescentes”. Fuco Paz Souto

17,90 € 17.900000000000002 EUR 17,90 €

17,90 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.