Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

ARTE DEXENERADA GALEGA - Blanca Paula Rodríguez Garabatos
En Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable abórdase o labor dos máis importantes artistas da vangarda galega: Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico, axentes do cambio social e pontes entre artes plásticas e literatura.

A “arte dexenerada” dos vangardistas galegos non foi admitida na España franquista, mais o seu traballo floreceu en América e Europa, pero descoñeceuse na súa terra. Coa chegada da democracia, a súa obra atopou o seu lugar nos museos; pero, para chegar a este punto, houbo que percorrer un longo camiño, marcado polo exilio persoal e o ostracismo artístico.
16,90 € 16.9 EUR
OS MISTERIOS
Nesta fábula para o público adulto creada poloa utor de banda deseñada Bill Watterson, un reino pretérito vese afectado por desgrazas inexplicables. Coa esperanza de lle por fin a ese tormento, o rei envía os seus cabaleiros a descubrir a orixe de tan misteriosos acontecementos. Anos despois, un único e maltreito cabaleiro regresa a palacio.
Para as ilustracións do libro, Watterson e mais o debuxante John Kascht traballaron durante varios anos en estreita e inédita colaboración. Ambos os dous artistas renunciaron á súa forma de traballar previa co afán de, xuntos, inventaren o que ningún deles era quen de anticipar; velaí, en por si, un misterioso proceso.
20,00 € 20.0 EUR
GALICIA - Terra, mar e xentes - Milagre da Terra / Flora - Gwendolyn Luo
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.

Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados nos campos máis próximos aos seus fogares.

No texto fálase das características importantes ou curiosidades dalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendo relación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacando as características polas que deben ser admiradas.

Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado, hai que valorar o contido botánico que encerra.

Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunha ilustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles de cada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente ese cometido.
11,05 € 11.05 EUR
TAC TAC TAC - Suso Del Toro
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro. "Tac Tac Tac", publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos "a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta". Un libro fetiche, un libro único.
32,95 € 32.95 EUR
HISTORIA VISUAL DO REINO MEDIEVAL DE GALICIA
Trespés ven de lanzar a publicación centrada no período medieval, a “Historia visual do Reino Medieval de Galicia”. Combinando ilustracións, mapas e fotografías que se acompañan con textos accesíbeis, esta publicación pretende ser un recurso divulgativo para o público xeral, especialmente para o estudantado, que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galicia, e concretamente do seu período medieval.

A través da publicación, o público achegarase a un período histórico que non deixa de sorprender. Unha ferramenta para nos aproximar dunha das etapas máis sobresaíntes, e ao tempo máis descoñecidas do pasado do país.

Esta produción foi realizada por Trespés Producións Culturais e contou co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro da liña de subvencións a proxectos centrados no Reino medieval de Galicia.
20,00 € 20.0 EUR
DIBUJA TU DÍA - Una inspiradora guía para llevar un diario de dibujo
íDiviértete y disfruta de la libertad creativa de experimentar dibujando tu día!

El hecho de crear arte (aun el que no está destinado a vivir en museos) puede hacer tu vida más consciente y significativa. En parte didáctica y en parte motivadora, 'Dibuja tu día' es una colorida guía para ayudarte a crear la práctica habitual de llevar un diario ilustrado. También ofrece información esencial sobre materiales y medios artísticos, temas de inspiración y multitud de consejos útiles.

Seas un experto ilustrador en busca de nuevas fuentes de inspiración o un artista en potencia a falta de un empujoncito para empezar, esta obra te inspirará a plasmar los hermosos momentos cotidianos de la vida para crear un vibrante recuerdo de tu día a día.
19,95 € 19.95 EUR
CIDADES - Fran Alonso
Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
MILICIANOS POR CASTELAO - Frente Popular Antifascista Gallego
Láminas debuxadas por Castelao en New York no 1936.
11,70 € 11.700000000000001 EUR
MERIDIANO DE ORIXE - Andrea F. Maneiro
Versos e imaxes, palabra e cor. A maxia habita nas esquinas e Andrea F. Maneiro atopouna nos momentos sinxelos da vida. "Meridiano orixe" é o lugar onde comeza e remata o tempo. I Premio de Poesía do Concello de Vilalba (Lugo).
16,90 € 16.9 EUR