O COELLIÑO BRANCO - Xosé Ballesteros e Óscar Villán
"Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou. -Quén é? –preguntou un vozarrón desde dentro..." Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible cabra cabraza, que se lle salta enriba o esmagaza, o coelliño branco levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula concebido tanto para ser lido como para ser contado, e que xoga dunha forma especial coa sonoridade e coa rima. Tamén reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños.