AS PALABRAS ESTÁN A MIRARSE ARREDOR DA MESA - Antonio García Teijeiro (Ilustr. Lidia Cao)
Partindo dun verso de Gioconda Belli, que o autor emprega no título da obra, Antonio García Teijeiro reivindica o esforzo e dedicación do poeta por chegar á palabra exacta en cada verso, procurando a perfección a través dunha poesía que busca ser catalizadora dos sentimentos e da memoria.