A VIAXE DE MAMÁ - Mariana Ruiz Johnson
"A viaxe de mamá" abarca todo o proceso: a preparación
da equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutina
doméstica, a comunicación a distancia grazas aos avances
da tecnoloxía e o retorno á casa. A través dun sinxelo relato
en primeira persoa, asistimos á evolución nas emocións
do fillo pequeno, que pasa de extrañar a presenza, a voz
e mesmo o arrecendo da súa nai, a descubrir o día a día
na compaña do pai.