Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

AS FLORES DO BALEIRO - Medos Romero
As flores do baleiro é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia, a dor en extrema soidade.

Tamén é a fraxilidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde “somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan”.
14,00 € 14.0 EUR
ANTOLOGÍA DE SOLES Y SUEÑOS - Mariana Fata
Antología de soles y sueños reúne una selección de poemas cargados de fantasía que ofrecen luz y comprensión sobre el amor y el desamor. Es un intento por parte de la autora de plasmar su vulnerabilidad, fragilidad e intimidad. Estas páginas narran un viaje de lo imposible a lo posible, de lo irreal a lo real, de la fantasía a la realidad, de la mentira a la verdad, de la oscuridad a la luz y de la muerte a la inmortalidad.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
BALUARTE - Elvira Sastre
Baluarte de Elvira Sastre es un libro de poesía soñadora, ingenua y moderna que busca los límites de la realidad con una nueva mirada. Su segundo trabajo agrupado en un volumen es fresco y ágil. Una lectura reflexiva que es simple de interpretar y entender. En este texto, podrás encontrar un lenguaje directo que se ocupa de los asuntos que a menudo van del corazón a la cabeza y de la cabeza al corazón. Elvira Sastre explora la poesía contemporánea en Baluarte en las situaciones más comunes ligadas todas ellas a la vida en pareja, la amistad, el amor y el sexo, y también al final de las relaciones y los abismos de la soledad. Temas poderosos y contundentes que te transportarán a emociones que cualquier ser humano ha sentido, siente y sentirá. Territorios comunes del alma humana que acercan a la felicidad, la rutina y el sufrimiento en las relaciones personales más íntimas. Encontrarás que Baluarte es un libro de versos cercanos, realista y arrollador por momentos. Una voz dentro de la literatura española que renueva el compromiso con los juegos de sonidos y palabras que van más allá de la prosa. Muy recomendable para las personas que disfruten con los poemas de amor y que se recrean con los temas más universales que siempre tocan las fibras más sensibles. Para leer sobre amor y desamor en versos escritos con una delicada ternura.
12,00 € 12.0 EUR
BIRIMBAO - Celso Emilio Ferreiro
A aparición de "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou. Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos poemas para analizalos desde unha óptica persoal, organizándoos en tres partes «Poesía de parapeto», «Birimbao: poemas de mí para ti» e «Memorias de mis caminos». O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falecemento do autor de "Longa noite de pedra", este libro confirma que esa luz da súa poesía, «o lume que alampea», leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.
1,00 € 1.0 EUR
A TETA SOBRE O SOL - Olga Novo
Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: todo se distorsiona nos ollos que miran pero non ven e nas palabras que xulgan pero non crean.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
ANACOS DUNHA LEMBRANZA - Miguel Ángel Vilar Bujía
Ignoro se Anacos dunha lembranza é titulo escollido polo propio autor. Non lle acaería mal tampouco Peneira dos días, xa que, segundo o texto en prosa que precede os poemas, parece ser este o obxectivo do poeta: amosarnos as experiencias e sentimentos que a peneira da vida escolmou e salvou, aquilo que máis seriamente posuímos e nos posui, aquilo que afinal nos constitui.

14,00 € 14.0 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
GALICIA - Terra, mar e xentes - Milagre da Terra / Flora - Gwendolyn Luo
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.

Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados nos campos máis próximos aos seus fogares.

No texto fálase das características importantes ou curiosidades dalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendo relación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacando as características polas que deben ser admiradas.

Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado, hai que valorar o contido botánico que encerra.

Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunha ilustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles de cada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente ese cometido.
11,05 € 11.05 EUR
EL CANTO LESBIO - Safo
La obra de Safo representa uno de los puntos culminantes de la lírica griega arcaica. Nacida en la isla de Lesbos en el siglo VII a. C., y probablemente de origen aristocrático, parece que casi siempre se movió en grupos reducidos y selectos. Su poesía, que la convirtió en una autora canónica y por la cual se la llegó a calificar de "décima Musa", es un prodigio musical de trabajada naturalidad, de ensalzamiento del amor y la sexualidad, de culto a los dioses y también al mundo que la rodea, así como de alabanza a la belleza y a la sensibilidad femenina.Admirada incondicionalmente en la Grecia clásica, sus poemas no solo sufrieron mucho los avatares de la transmisión textual, sino que además se vieron sometidos a diversas interpretaciones interesadas de cierta crítica tradicional. Por fortuna, como explica Marta González en el prólogo de esta edición, aunque aún envuelven a Safo muchos interrogantes, la fuerza de su escritura ha ido liberándose de los prejuicios y ha sido el origen de una sólida herencia literaria.
12,00 € 12.0 EUR
POESÍA REUNIDA - X.L. Méndez Ferrín
A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.
26,95 € 26.95 EUR
ABECÉ DIARIO - Raúl Vacas Polo
29 poemas de la A hasta la Z. Don Gato, el Conde Helado, i de intriga, la Bella Durmiente... Juegos de palabras, trabalenguas, historias breves en verso, escenas sorprendentes, palabras a medio escribir y otras descolocadas. 29 poemas para disfrutar inteligentemente del lenguaje y sus infinitas posibilidades.
10,50 € 10.5 EUR
POESÍA COMPLETA - Ernesto Cardenal
La obra de Ernesto Cardenal (Granada, 1925-Nicaragua, 2020), de una importancia capital y calidad incontestable, se sitúa en las encrucijadas históricas y estéticas de una parte muy relevante de la poesía contemporánea. Desde que en los años cincuenta empezaron a circular copias mimeografiadas de algunos de sus epigramas, su capacidad para conectar con los lectores ha sido extraordinaria: así, Salmos, Oración por Marilyn Monroe y otros poemas, los «poemas indios», Oráculo sobre Managua, Cántico cósmico o Telescopio en la noche oscura han ampliado las posibilidades de la palabra poética en el ámbito hispánico. Su obra tuvo una especial voluntad de comunicación, de sencillez y claridad; a partir de su objetivismo, de incorporar elementos de la vida real, cosas concretas, tanto datos históricos como detalles precisos de cifras, hechos y anécdotas, alcanzó las más altas cotas líricas, en la relación con los otros, consigo mismo y su fe, así como con el universo totalizador en un encuentro místico: «En mi poesía cabe absolutamente todo», afirmaba. Asimismo abrió nuevas vías poéticas, que darían figuras de la talla de Nicanor Parra, Mario Benedetti y el primer Gelman. Al compilar el conjunto de la obra del gran maestro nicaragüense en el centenario de su nacimiento, trazamos un arco de búsqueda, inquietudes y respuestas creativas, que va de los Epigramas hasta En el camino de Emaús, su última obra escrita y que no fue incluida en su poesía completa hasta esta ocasión. Un monumento poético y humano que nos sigue interpelando.
24,90 € 24.900000000000002 EUR
A GRAN FINAL - VVAA
A GRAN FINAL pretende pór a rodar a creatividade entre o talento que se exerce coas mans e o que se practica cos pés. A modo de regueifa narrativa organizamos este partido entre os contos inéditos e as contas, que relatan, botan, ou mesmo saldan, quen viviu de primeira man a relación co deporte rei dende a práctica profesional, o xornalismo deportivo ou a cultura. Once contra once, na que ambos equipos saen con todo e ao ataque. Un 3-4-3 sen concesións ao rival.
20,00 € 20.0 EUR
BICOS E NON BALAS - Antonio García Teijeiro
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bico. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar., a gerroversos, a paz.
Velaquí unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que no hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño.
19,40 € 19.400000000000002 EUR
BEIXOS GALLADOS - Paco Rivas
Un haikú debe transmitir a emoción que o poeta sentiu ó contemplar algo... Debe deixar de ser un texto descriptivo para convertirse en poesía. A impresión transmitida pode ser de fermosura...harmonía...serenidade...melancolía... Moitas veces a escea amosada remitirá a un significado universal.

Paco Rivas

...e a partir de aquí xa non hai beixo gallado...ese intre en que se fechan os ollos para embriagarnos de beleza...de harmonía... de paz...

P.R.
14,90 € 14.9 EUR
POETA EN NUEVA YORK - Federico García Lorca (Ilustr. Daniel Montero Galán)
Corre el año 1929 y Federico García Lorca prepara un viaje a Nueva York. Quiere huir de una reciente ruptura amorosa, de la traición de sus amigos y también del éxito de Romancero gitano, que le abruma.

En la ciudad de los rascacielos Lorca encuentra modernidad, vanguardia y libertad para conocer y conocerse, para dar rienda suelta a su creatividad. Pero Nueva York no solo fue la vía de escape perfecta para sanar las heridas del poeta granadino.

De esa aventura de nueve meses surgió este poemario, uno de los más renovadores e impactantes de la lírica española del siglo xx.
14,96 € 14.96 EUR
G - Diego Cousillas Novo
Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación.. Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a matería coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un "G" con ou sen G "H" eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro:

"G" de Greguería, de Galego e de Ghaliza.
"H" de Haiku e de Horizonte.
"Y" de Yin-Yang e Ye-Ye ou viceversa.
"J" de Jaiku Jam sesión Jazzzzzz
"K" de Kún de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.
"W" de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.
14,95 € 14.950000000000001 EUR
AS PALABRAS ESTÁN A MIRARSE ARREDOR DA MESA - Antonio García Teijeiro (Ilustr. Lidia Cao)
Partindo dun verso de Gioconda Belli, que o autor emprega no título da obra, Antonio García Teijeiro reivindica o esforzo e dedicación do poeta por chegar á palabra exacta en cada verso, procurando a perfección a través dunha poesía que busca ser catalizadora dos sentimentos e da memoria.
15,50 € 15.5 EUR
irmá paxaro - Tamara Andrés
Irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo. A autora, Tamara Andrés, emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena; a irmá paxaro.
15,50 € 15.5 EUR
CAMIÑO Á LAGOA DOS BARDOS - Manel Monteagudo
Este é un libro que contén prosa poética e poemas. Onde o autor afonda sobre o amor e o desamor, á explotación infantil, o tráfico de mulleres para ser explotadas sexualmente, ao abandono cada vez con máis asiduidade dos nosos anciáns, á inmigración, e fai fincapé do gran valor da amizade. Aborda poeticamente, todos os temas candentes na sociedade actual, facendo que reflexionemos moi seriamente neles.
O lector vaise atopar cun libro de «poemas» inédito, que causará lle unha abraiante impresión así como ó vaia lendo, non querendo deixalo até chegar ao seu remate. O titulo vai moi acorde co seu contido, tendo en conta que un bardo referente, era un poeta que ía recitando e cantando tocando a súa lira, verdadeiras historias que ocorreran en outros pobos, así como os poemas que el mesmo creaba.
20,00 € 20.0 EUR
CANCIONES - Federico García Lorca
Incluye los libros Odas (escritas entre los años 1926 y 1928, excepto Oda a Walt Whitman, publicada de forma exenta en 1933. La «Oda a Salvador Dalí» es inseparable de un debate estético con el pintor) y Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (el torero fue una personalidad notable y apreciada dentro y fuera de los ruedos. Lo hirió un toro el 11 de agosto de 1934 y murió dos días después. El poema se escribió, probablemente, en septiembre y se publicó en Madrid en 1935).
13,00 € 13.0 EUR
ROSALÍA FEMINISTA - Rosalía de Castro
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viºva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamen sen amo que resolve, como unha Penelope navegante, deixar de agardar.
14,50 € 14.5 EUR
FOLLAS NOVAS - Rosalía de Castro
Crítica social e intimismo conviven nos poemas de Follas novas. Uns abordan cuestións como o paso do tempo, a morte e Deus, dende unha visión sombría da existencia humana. Outros denuncian situacións de marxinación: as mulleres, os orfos, os emigrantes, os labregos. Neste poemario atópanse algúns dos versos máis célebres de Rosalía, distribuídos nas cinco partes das que consta o libro: "Vaguedás", "Do íntimo", "Varia", "Da terra" e "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos".
16,35 € 16.35 EUR
FOLLAS NOVAS - Rosalía De Castro
Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863.
Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Tamén as súas primeiras contribucións formais e as combinacións rítmicas que tanto influíron non só na poesía galega senón en toda a lírica peninsular.
Velaquí un dos grandes libros da nosa literatura.
15,50 € 15.5 EUR
O TENRO É O SALVAXE - Samuel L. París
Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.
17,50 € 17.5 EUR
VENECIA ABANDONADA - Eduardo Estévez
É VENECIA ABANDONADA un libro de poemas en prosa escrito por Eduardo Estévez, que ten como fío condutor o paseo dun viaxeiro solitario por unha Venecia distópica que quedou deshabitada de forma imprevista. É unha reflexión sobre o lugar, os espazos comúns, o modo en que estes lugares se entrelazan coas marcas da cultura que os ordena; sobre o abandono, a transcendencia da pegada humana nos espazos físicos e as escollas que as persoas fan cando teñen que deixar atrás un lugar.

Os textos do libro dialogan coa música do Grupo 1500 (Belén Bermejo, Andrés Díaz e Pablo Ruibal): un conxunto de pezas que xiran arredor dos múltiples tópicos cos que se identifica a República Serenísima de Venecia. Obras escritas e musicadas en italiano antigo, latín, castelán e galego, o groso delas publicadas nas imprentas de música que funcionaban en Venecia no 1500.

O concepto do conxunto (e a súa orixinalidade) procura tender pontes con dous polos xeográficos e dous polos temporais. Venecia e Compostela, o século XVI e o XXI. Catro grandes imáns da cultura que interactúan para construír unha gran metáfora dos tempos que nos toca vivir. A imaxe da cidade deshabitada nos poemas e a música dos séculos finais da Idade Media e comezos do Renacemento, proxéctanse sobre as rúas abandonadas na Compostela da pandemia en arranxos escritos e interpretados por músicos galegos do século XXI.
18,00 € 18.0 EUR
INFLAMABLE - Samuel L. París
Se alguén vos di algún día que a poesía é aburrida, ofrecédelle este poemario. Se alguén comenta que a poesía é un coñazo, dádelle a ler este libro. Se alguén non é quen de sorrir con estes poemas, deixádeo por imposible. Significa que non se «inflama» con nada, e ningún proveito poderemos tirar del. Así que lembrade este título para posibles emerxencias tácticas: inflamable de Samuel L. París publicado por Edicións Positivas é un conxunto de poemas para ter a man cando precisemos de material combustible. Sarcasmo e ironía dominan a súa poética, mentres a sátira vai liberando versos como quen dá de beber, mergullándonos en política e literatura de xeito irrespectuoso porque de todo se pode un rir.

Metaliteratura e metamúsica -de existir tal palabra- danse a man nas súas páxinas referenciados Otero Pedrayo, Ferrín, Kafk, Rosalía, Reixa ou Celso Emilio no primeiro caso, Fermín Muguruza, Xurxo Souto, Sabina, The Sonics, Elvis, no segundo. Xogo poético, brincadeira, de todo hai nun libro que non deixa indiferente. A propia contracuberta advirte: “a literatura pode debe arder”, co cal teremos calor lector sen dubidalo.

Poesía e música. Espírito punk e o salseiro que ghabea polas abas do Monte Louro, todo misturado pero con xeito. Non o imos negar, gostamos moito de «Inflamable», a nova creación de Samuel L. París. E ti???
12,00 € 12.0 EUR
TOCA O PIANO BORRACHO COMO UN INSTRUMENTO DE PERCUSIÓN ATÉ QUE OS DEDOS EMPECEN A SAGRAR UN POUCO - Charles Bukowski
Vai ao Tíbet. Monta en camelo. Le a Biblia. Tinxe os teus zapatos de azul. Dá a volta ao mundo nunha canoa de papel. Suscríbete ao Saturday Evening Post. Roe só cos dentes da esquerda. Casa cunha muller dunha perna soa e rápaa cunha navalla afiada. Escribe a navalla o teu nome no seu brazo.

Cepilla os dentes con gasolina. Durme todo o día e agatuña ás árbores pola noite. Fate monxe e bebe cervexa con perdigóns. Mete a cabezxa debaixo da auga e toca o violino. Fai a danza do ventre diante de velas rosa. Mata o can. Preséntate a alcalde. Vive nun bocoi. Abre a túa cabeza cunha machada. Planta tulipáns na chuvia.

Pero non escribas poesía
12,00 € 12.0 EUR
NUNCA MASCOTAS - Paula Carballeira
Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte. Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia. Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.
10,50 € 10.5 EUR
CEREIXAS ROUBADAS - Comadres das letras
As Comadres das Letras regresan cunha nova e suxestiva proposta literaria. O colectivo de escrita feminista rende homenaxe a Luísa Villalta. Trece voces asinan as súas creacións nuns textos que transitan do verso á prosa, da peza dramática ao caligrama.
Creacións individuais e tamén colectivas, nunha orixinal achega que continúa a inspirada senda en común trazada polas Comadres.
Con Limiar de Marga do Val.
18,50 € 18.5 EUR
TACÓN, PUNTA, TACÓN - Anxo Iglesias
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor. E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles. Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
12,95 € 12.950000000000001 EUR
MERIDIANO DE ORIXE - Andrea F. Maneiro
Versos e imaxes, palabra e cor. A maxia habita nas esquinas e Andrea F. Maneiro atopouna nos momentos sinxelos da vida. "Meridiano orixe" é o lugar onde comeza e remata o tempo. I Premio de Poesía do Concello de Vilalba (Lugo).
16,90 € 16.9 EUR
OS NENOS PORCALLÁNS - 17 poemas de Nacho Rubio
Un poemario irreverente
sobre as porcalladas diarias
dun grupo de personaxes entrañables.
17,00 € 17.0 EUR
POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO - Dezaseis leccións - Xesús Alonso Montero
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres. Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
16,50 € 16.5 EUR
MÁS ALLÁ DEL TIEMPO - María Mariño
Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxean a esta enigmática escritora, en 2007. Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra. Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil. Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega. Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.
5,90 € 5.9 EUR
ORFEU EN SOÑOS - Ramón Blanco
Esperta este Orfeu en soños de vedraia tumba de marbre, nun illote fronte ás costas de Tracia, erguendo a fonte limpa do seu canto e a súa profética sombra (Pantasma de dubidoso aspecto) dende as primeiras páxinas do libro. Mais non recalará a súa lira nas costas mediterráneas –homérico mar, escuro coma o viño–. Na súa singradura escorregan ronseis e hexámetros clásicos sobor das ondas, e os timoneis –de Ulises a Derek Walcott e Manuel Antonio– sucan por mares nunca de antes navegados. O obxetivo son as Illas Afortunadas, metáfora ou paráfrase incompleta da Arte e da Poesía Boa. Cada poema é arquipélago de seu; os versos, as imaxes corren en carreira desbocada, iluminan uns instres antes de apagarse –como chama– e seren sobrepasadas na carreira. Recalada nunha illa: rubimos entre o recendo de rústicas flores a tortuosa xeografía da sintaxe. En cada río e curso de auga toma quizaves Ofelia as nove ondas que fecundan estes versos. E os paxaros faladores esgazan co peteiro follas que conteñen poemas de amor. (Conde de Paço Tristão).
10,00 € 10.0 EUR
POETÍZATE - Antoloxía da poesía galega - Fran Alonso
Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade. E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos QR que remiten ás voces das e dos poetas e á súa imaxe ou ás súas cancións. A poesía pode lerse nun libro ou na letra dunha canción, pode escoitarse nun recital, nun concerto de rock ou enviarse por Whatsapp, porque a poesía non é unha materia para aprender senón unha ollada distinta, libre e moi rebelde, sobre o mundo. Con «Poetízate» propoñémosche unha viaxe, de Rosalía de Castro ás poetas novas, a través dos poemas máis próximos e simpáticos da poesía galega. Así que non o dubides: poetízate.
13,50 € 13.5 EUR
ANTOLOXÍA POÉTICA - Daniel Salgado
Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso.Escolma da obra poética de Lois Pereiro, autor a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2011
13,10 € 13.1 EUR
ESTUDO SOBRE O VOO DOS CORZOS - Mónica Caldeiro
«Estudo sobre o voo dos corzos» é unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza. Esta ollada é aloumiño e dó pola fraxilidade desa beleza escorregadiza, inaccesíbel e inesquecíbel, para a considerar parte de nós, para protexermos esa parte de nós. Podemos entón fuxir dunha brutalidade que xa é de noso Como aprehendérmonos dende unha linguaxe colonizada Aquí xorden as preguntas, aquí comeza a estrada, aquí a procura cara á recuperación.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
BOSQUE - Antón Blanco Casás
En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe. A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese.
11,90 € 11.9 EUR
CAMPO DE PLUMAS - Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüedade ata hoxe - Escolma e tradución de Jesús Castro Yáñez
Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe.

16,00 € 16.0 EUR
PUNTO Y COMA - Emma Jerez Carballude
Este libro explora la lucha entre amistades que sanan y aquellas que destruyen, entre recaídas y esperanza, y entre el dilema de rendirse o seguir adelante. No solo relata esas huellas imborrables, sino también la posibilidad de reconstruirse a partir de las cenizas. Para quienes no han encontrado una salida, este es vuestro refugio y recordatorio de que no estáis solos.
15,00 € 15.0 EUR
UNA LOCA EN UN MUNDO DE CUERDAS - Raquel Romarís
Si tienes este libro en tus manos es por algo. Yo de ti me lo compraría. ¿Será el destino? ¿No crees en el destino? Igual, si lo lees cambias de opinión. Igual, si lo lees cambias de opinión en muchas otras cosas. Quizás sea mejor que no lo leas. Es… diferente.
11,90 € 11.9 EUR
O MEU GATO É UN POETA - Fran Alonso
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostasà

14,50 € 14.5 EUR
SONETOS DEL AMOR OSCURO - Federico García Lorca
Alvarellos Editora rescata, en riguroso facsímil, la primera edición de los "Sonetos del amor oscuro" de Federico García Lorca. Un volumen publicado de manera clandestina en 1983. Aquella insólita y polémica edición pirata resurge ahora, en un ejemplar totalmente fiel al original, reproducción exacta de una verdadera joya bibliográfica.

Esta edición ha sido compuesta en la misma tipografía Bodoni del original e impresa en papel tipo verjurado Conqueror Laid Oister de 120 gramos. Para la capa y sobrecubierta hemos elegido una cartulina Bristol ready Rojo Fuego: 180 gramos para la capa y 250 para la nueva sobrecubierta. Finalmente, hemos respetado el sistema de montaje/encuadernado de la primera edición, atada con un fino cordel bicolor.
13,90 € 13.9 EUR