Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
POR QUE COMEMOS? - Xosé Cermeño
Comemos porque é unha necesidade biolóxica. Comer é inseparable do feito de estarmos vivos, pero tamén comemos porque nos gusta, e soubemos converter esa necesidade nun pracer. Ademais, dicimos que a comida é cultura porque forma parte esencial da nosa vida en común. Producir alimentos e compartilos crea vínculos poderosos entre as persoas. Por iso celebramos arredor da mesa os aniversarios, as vodas, as festas, os éxitos académicos e profesionais e os acontecementos importantes da vida. Este libro ábrenos o apetito por buscar en cada prato moito máis que sabores.

20,55 € 20.55 EUR
MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL - Escritos sobre rebeldía social, memória histórica e afirmaçom nacional na Galiza contemporânea - Carlos F. Velasco Souto
Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história comtemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada á construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmente com a construçpm de identidades e memórias como pano de fundo. Com eles, predende-se constribuir, desde a reflexom historiográfica, para um necessário esclarecimento das luitas e resistências da nossa sociedade civil no caminho rumo a umha sociedade mais justa.
17,95 € 17.95 EUR
A MÚSICA DOS DESPRAZADOS - Teatro lírico e galeguidade durante o longo do século XVIII - Javier Gándara Feijoo
A música dos desprazados propón unha lectura innovadora da historia cultural galega a partir do estudo do teatro musical e das artes escénicas entre mediados do século XVIII e comezos do XIX. A obra parte de dúas hipóteses centrais: que moitos dos elementos que hoxe se consideran característicos da identidade galega foron configurados a través de representacións teatrais e musicais creadas hai máis de dous séculos e medio, frecuentemente fóra de Galicia; e que a colectividade galega e as persoas vinculadas á farándula compartiron experiencias históricas de mobilidade, emigración e desprazamento que contribuíron a modelar imaxinarios e formas de pertenza
A través dun percorrido que oscila entre a realidade histórica e a ficción escénica do setecentos, o libro revela unha Galicia plural, urbana e rural ao mesmo tempo, intensamente conectada con outros territorios da Península Ibérica e do espazo atlántico. Fronte á imaxe dun país culturalmente periférico ou empobrecido, a investigación mostra a existencia dunha sociedade dinámica, integrada en amplas redes de intercambio artístico e intelectual.

O volume constitúe tamén unha achega relevante ao estudo das relacións entre cultura e identidade colectiva, ao analizar como a música, o teatro e os espectáculos públicos contribuíron á formación de determinados discursos sobre Galicia e os galegos, algúns dos cales continúan presentes no imaxinario contemporáneo.

Como valor engadido, a publicación incorpora a edición diplomática da Representación a San Roque, unha obra teatral do século XVIII que permanecía inédita ata o presente. O texto conserva extensas pasaxes en lingua galega nun período no que o seu uso público estaba fortemente limitado, converténdose nun documento de excepcional interese para a historia cultural e lingüística de Galicia.
20,00 € 20.0 EUR
A GALICIA QUE PERCORREU ALAN LOMAX - VVAA
El trabajo está recogido en el libro “La Galicia que recorrió Alan Lomax”, editado por la Fundación Lola Pérez Rivera y que ha sido realizado por un equipo de investigadores del Conservatorio Superior de Música de Castilla y León (COSCYL), que ya ha realizado otro importante estudio sobre el trabajo de campo desarrollado por el afamado etnomusicólogo en España.

En total, el libro recoge el análisis y la transcripción en partituras de un total de 100 tonadas que Alan Lomax grabó en las provincias de A Coruña, Pontevedra y Ourense entre los meses de noviembre y diciembre de 1952.

La presentación del libro tendrá lugar a las 19h en la sede del Museo do Pobo Galego y contará con la participación del presidente de la Fundación Lola Pérez Rivera, Alberto de la Calle; la presidenta del Patronato del Museo do Pobo Galego, Concha Losada; el director de aCentral Folque, Ramón Pinheiro Almuinha, y de la coordinadora y coautora del estudio, Julia Andrés Oliveira, así como del resto de miembros del equipo de investigación: María Galán Muñoz, Carmen Teresa García Arroyo, Carolina Monreal Román, Mauro Portela Pousa y Laura Silva Huerta.
25,00 € 25.0 EUR
LUBRE - 40 Aniversario
30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniversario de Luar Na Lubre e/ou a voz lubre e a súa inclusión, por fin, no Dicionario da Real Academia.
Neste traballo, a palabra LUBRE
elévase como un ritual escrito e sonoro deseñado para abrir as portas do bosque sagrado. Todo gravita arredor da forza do seu significado, arroupado por unha colección de textos e imaxes fascinantes, onde a música deixa de ser unha simple escoita para ser habitada. Unha transmutación do sentido cara a liturxia espiritual na que Galicia se reencontra, finalmente, co seu mito ancestral.
29,00 € 29.0 EUR
A GALICIA MODERNA (1880-1939) - Unha sociedade activa, unha economía innovadora - Lourenzo Fernández Prieto
Un libro que desmonta o mito do atraso e revela unha Galicia moderna, innovadora e truncada pola ditadura.

A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.
18,95 € 18.95 EUR
BEGOÑA CAAMAÑO, XORNALISMO PARA A CIDADANÍA (De Vigo a Compostela) - María Xosé Porteiro
Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista. María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, fai en Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, un percorrido pola súa traxectoria profesional

25,70 € 25.7 EUR
INTRODUCIÓN PRÁCTICA Á CESTARÍA DE MADEIRA - Luís Do Río
A cestaría é unha arte inmensamente completa e diversa. En Galicia é tradicional o uso dunha serie de técnicas e materiais, vinculadas co contexto do territorio en que existiron (e existen). Neste sentido, a cestaría de láminas de madeira desenvolveuse especialmente no século XX, sobre todo en vilas de tradición cesteira profesional. Co obxecto de compilar os fundamentos deste coñecemento, xuntáronse neste manual os principios de recollida de material, preparación e tecido.
20,00 € 20.0 EUR
CON PÓLVORA E MAGNOLIAS - Xosé Luis Méndez Ferrín
Rigorosa edición facsimilar do libro que, en 1976, marcaría un novo tempo para a poesía galega, "Con pólvora e magnolias" de X. L. Méndez Ferrín. Unha obra histórica pola calidade e novidade da súa poesía máis tamén pòlo seu singular formato e deseño. A presente edición foi impresa en papel kraft como o orixinal e cun entapado manual, coas lapelas pegadas, tal e como fora presentada a edición príncipe. Inclúe un Epílogo do especialista Anxo Angueira e a reprodución de manuscritos orixinais

22,90 € 22.900000000000002 EUR
13,73 € 13.73 EUR
PASEIÑO POLA VÍA DA PRATA, O CAMIÑO MOZÁRABE NA PROVINCIA DE OURENSE - Manuel Garrido Riveiro e María Eugenia Muñoz Fernández
Este libro es resultado de un proyecto en el que la Diputación busca difundir la riqueza cultural y natural de la Vía de la Plata o Camino Mozárabe en la provincia de Ourense, un histórico itinerario jacobeo que ha sido un espacio de intercambio cultural durante siglos.Está estructurado en cuatro capítulos que incluyen información referida a los ayuntamientos por los que pasa el camino, destacando sus monumentos más relevantes, personajes ilustres, festividades o elementos gastronómicos típicos
26,00 € 26.0 EUR
VOLVEREDES BRINDAR POR MIN (UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO) - Ana Romaní e María Xesús Nogueira
A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos unha biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación. Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

15,40 € 15.4 EUR
POLO AVIEIRO DE DONA EMILIA - Carlos Méixome
Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difuso territorio, co Carballiño no centro, para percorrelo da man da que denomina triloxía pardobazaniana do Avieiro (El cisne de Vilamorta, Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza) e ofrecernos unha manchea de memorias persoais, familiares, colectivas, xeracionais, retratos de persoas das que se sente debedor, pescudas historiográficas diversas, algún que outro segredo de familia e, ao tempo, guiarnos na localización física, familiar e emocional das tres obras de dona Emilia.

32,50 € 32.5 EUR
22,95 € 22.95 EUR
ULTREIA - Triloxía comspostela - Francisco Narla
Ano 1117:

Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria.

Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que estraña un pai, e Triboulet, un canteiro roto por dentro que estraña a súa filla. Esta é a historia de como fixerona as paces co seu pasado mediante o lume a a ira.
23,90 € 23.900000000000002 EUR
BEGOÑÍSIMA - Andrea Nunes Brións
Este libro non é só un conto sobre a vida e a obra da autora Begoña Caamaño, referente feminista, defensora da lingua, dos dereitos humanos e da xustiza. É tamén unha homenaxe a todas as persoas que se organizan, que soñan xuntas, que transforman o mundo desde o coidado e a rebeldía.

Begoñísima lémbranos que a maxia máis poderosa é a que nace do colectivo. E se esa fose a maxia que necesitamos para cambiar o mundo?
16,50 € 16.5 EUR
RUTAS CON LEYENDA - Anxo Rial
Galicia es una comunidad rica en paisaje, folclore, costumbres y leyendas que en ocasiones fusionan la realidad y la ficción hasta el punto de construir verdaderas historias fantásticas. El objetivo de este título es dar a conocer algunas de las leyendas que, trasladadas de padres a hijos, conviven en la memoria colectiva y forman parte del pueblo gallego, de sus creencias, sus cultos y sus temores a lo desconocido y misterioso. El libro incluye cuarenta rutas que recorren cada uno de esos lugares misteriosos, para vivir in situ la magia de los mismos. De esta manera, además de gozar en comunión con la naturaleza, viviremos una completa experiencia caminando por los espacios que dieron pie a esas leyendas y cultivando nuestras propias vivencias.
21,10 € 21.1 EUR
FUTURO IMPERFECTO - Xulia Alonso Díaz
Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado. Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

20,95 € 20.95 EUR
O CARNAVAL EN GALICIA - Federico Cocho
O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas ao longo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigoroso traballo de campo leva ao lector a través das máis diversas e carnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da cultura rural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libro que afonda na profunda significación da festa.

31,50 € 31.5 EUR
ENTRE A VENDIMA E A CASTAÑEIRA - Ramón Otero Pedrayo
En 1957 Ramón Otero Pedrayo deu ao prelo vinte relatos que sitúa entre o tempo da vendima e a castañeira, seleccionados no seu momento a partir dun considerable conxunto de textos inéditos, onde predominan, como liñas temáticas xerais, o reflexo dun mundo en crise en que se está a dar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional, e a narración de sucesos relacionados co mundo do sobrenatural, que demostran a mestría do autor no deseño dos caracteres rurais ou na visión lírica da terra.

18,15 € 18.150000000000002 EUR
8 ENSAIOS SOBRE ROSALÍA - VVAA
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é 8 ensaios sobre Rosalía, unha recuperación daqueles 7 ensaios sobre Rosalía que conta nesta edición cun ensaio introdutorio ao coidado de María do Cebreiro Rábade Villar.

23,00 € 23.0 EUR
MARXISMO PARA ARMAS A CRÍTICA GALEGA - Mauricio Castro
Na atual crise geral do capitalismo, com a frente imperialista liderada polos EUA em decadência e em plena deriva ultrarreacionária e umha extrema-direita em ascenso para submeter os povos do mundo e evitar o ascenso do multipolarismo e dos BRICS, a formaçom teórico-prática é mais necessária do que nunca foi. O marxismo é a chave que garante umha correta abordagem e compreensom de umha realidade em constante mudança, além de ferramenta imprescindíbel para a sua transformaçom. Divulgá-lo é o sentido dos textos aqui reunidos, que inicialmente fôron publicados como artigos de umha série na imprensa digital galega e que agora se recolhem num volume introdutório ao significado e vigência da obra do velho barbudo alemám.
13,00 € 13.0 EUR
OBRA POÉTICA - Avelina Valladares Núñez
Avelina Valladares, a "cantora da Ulla, aínda que cunha obra maioritariamente en castelán, son as súas seis composicións en galego as que destacan, con poemas como: "a Ulla", dedicado á súa terra de nacenza; " A pobre orfiña", unha crítica á sociedade do seu tempo que condena os fillos fóra do matrimonio; "Miña xoia", un canto ao espertar da conciencia de Galicia; e "Ós que emigran", queixa amarga pola praga da emigración, vista desde os ollos das mulleres que fican na terra. Con motivo de Ano Cultural Avelina Valladares 2025, instaurado polo Concello da Estrada, ofrecemos a recompilación da súa obra poética, actualizada ortográfica e gramaticalmente; pequena homenaxe a quen foi unha muller senlleira do tempo do Rexurdimento.

13,50 € 13.5 EUR
TOPONIMIA DE CARNOTA - Alfonso Blanco Quintela
Caldebarcos, Lariño, Miñarzo, Nóutigos, Panchés, O Pindo... a Toponimia de Carnota está inzada de topónimos únicos. Vinte dos 59 nomes de lugar da toponimia maior e oito da toponimia menor analizados no presente volume poden ser considerados como tal.

Alfonso Blanco Quintela, autor tamén de Toponimia de Muros (2023), acomete nesta nova entrega o obxectivo de ofrecer unha mostra representativa dos nomes de lugar do municipio carnotán, dos que o portal colaborativo Galicia Nomeada recolle xa máis de 3500.
20,00 € 20.0 EUR
ESTUDOS ONOMÁSTICA GALEGA X - Os nomes do mar - Ana Boullón e Luz Méndez
Galicia ten preto de 1500 quilómetros de litorial. Á riqueza da microtoponimia que presentan as terras rebeiregas, debemos engadir a dos nomes das áreas mergulladas, as realidades invisibles dos fondos mariños. Os pescadores coñecían ben eses nomes, pois advertíanos dos perigos que podían representar as pedras baixo as augas ou dos lugares onde había abundancia de determinado peixe.
20,00 € 20.0 EUR
A CASA DA MINA - M. Carmen Caramés Gorgal
A miseria e a fame son todo o que coñece Sara na pequena aldea de Santa Comba onde sobrevive coa súa nai durante o tempo dsa guerra civil. Porén, todo muda para ela cando abren a mina de volframio. Unha certa prosperidade parece instalarse na contorna, onde moita xente acode ao "ouro negro" para saír da pobreza da posguerra. È alí, na mina de Varilongo, onde Sara coñece a Hannes, o enxeñeiro alemán que lle dá a volta por completo á súa vida. Aos poucos, a moza irá descubrindo o misterio que arrodea o seu compañeiro e os horrores soterrados do golpe fascista, así como esa clandestinidade que botou unha pouca luz sobvre a negrura dese tempo de calamidades. Cunha prosa intimista e dotada dunha grande forza, Mª Carmen Caramés Gorgal preséntanos unha novela a medio camiño entre o xénero de memoria, o romántico e mesmo o de espionaxe, un texto cuxa calidade a levou a gañar o XXII Premio Risco de Creación Literaria.

18,00 € 18.0 EUR
NON PARE A FESTA - É tempo de entroido 2 - Ramón D. Veiga e David Sierra
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

15,50 € 15.5 EUR
BEGOÑA CAAMAÑO- Pequena biografía
"É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. É o momento de mudar o mundo, de introducir transformacións profundas e estruturais, pero tamén conceptuais; é o momento do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non?, da felicidade".

6,00 € 6.0 EUR
MORGANA EN ESMELLE - Begoña Caamaño
A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

19,50 € 19.5 EUR
A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA - Begoña Caamaño no Calvario vigués - Ramón Nicolás
Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontecementos máis importantes que deixaron pegada nas súas rúas. Un libro onde se mestura a memoria, a biografía, a historia e a ficción, que se brinda como unha oportunidade para reconstruír, e reivindicar, os primeiros anos de Begoña Caamaño. Se como Rilke afirmaba que na infancia está a patria das persoas, aquí desvélanse as claves da protagonista das Letras Galegas 2026, navegando por ese ronsel de talento e amor que deixou nas persoas que tratou.

16,00 € 16.0 EUR
ROTSPAINER - Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945 - Juan Galán
Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi.
24,00 € 24.0 EUR
O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO - Héctor Cajaraville
David acaba de facer dezaoito anos e e o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial e regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns que o levan a prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata daquela tivera contacto, un misterio arredor da "casa de Formoso" que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que aflora de súpeto do xeito máis imprevisible.
13,35 € 13.35 EUR
LA TABERNA DE SILOS - Lorenzo G. Acebedo
Como un Philip Marlowe de la Edad Media, Gonzalo de Berceo, poeta y copista, se empeña en encontrar al asesino de un monje en el monasterio de Silos.Corre la primera mitad del siglo XIII cuando el abad del monasterio de San Millán encarga a uno de sus servidores, Gonzalo de Berceo, la misión de viajar al monasterio de Silos para copiar un manuscrito latino y hacer con él un poema castellano. La secreta intención de la visita es que los dos monasterios aúnen fuerzas contra el papa y sus obispos, que pretenden quedarse con los beneficios de la producción de vino, y contra la pujanza de los nobles castellanos, ávidos también de entrar en el negocio. Sin embargo, en plena fiebre del vino, una sucesión de asesinatos tan cómicos como truculentos complica la situación. Para más desgracia, Lope, un peregrino borrachín, y Elo, la tabernera del lugar, tan joven como astuta, se empeñan en ayudar a Berceo, convirtiéndose en una molestia constante que puede dar al traste con su misión.

19,00 € 19.0 EUR
DE LA HABANA HA VENIDO UN BARCO... Homenaje a aquellos que nos dieronla palabra - Marita de la Figuera
En un contexto de pobreza y analfabetismo generalizado, a finales del siglo XIX y principios del XX cientos de miles de gallegos emigraron a América con la esperanza de un futuro digno. Unos fueron a caer a plantaciones esclavistas de caña d azúcar; otros lograron viivir libre y dignamente, y algunos, enriquecerse. Muchos de ellos, como Alfredo y Luciano López, lo hicieron con la mente puesta en Galicia y objetivos tan altruistas como contribuir a la formación de sus paisanos dotando de escuelas a sus localidades de origen.

En De La Habana ha venido un barco..., a través de los ojos de Moucho, vemos la epopeya, contada por él mismo, de un rapaz que embarcó rumbo a Cuba junto a otros infortunados muchachos y vive la dura experiencia del açucre. Años después, Moucho logra recibir educación y se incorpora a la labor de la Asociación Instructiva de Redes-Caamouco(Ares, A Coruña), promotora de la escuela de A Tenencia. La novela es, en suma, un homenaje a todos aquellos que impulsaron la alfabetización y la instrucción popular en una Galicia sometida por el poder de la Iglesia y el caciquismo.
21,00 € 21.0 EUR
20,00 € 20.0 EUR
A NOVELA DO BRAVÚ - Xurxo Souto
Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na antítese da morriña está o bravú».
24,95 € 24.95 EUR
O PAÍS INVISIBLE - Lezcano González Arturo
Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistas e lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso e adobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obra monumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elex¡a e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites das Américas contada a través dunha galer¡a de personaxes galegos engaiolantes: Alfonso Gra?a, o rei dos x¡baros; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda; Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentas historias de mulleres e homes anónimos âÇöos obreiros que constru¡ron a Canle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máisâÇö que crearon unha nova vida (e un pa¡s invisible) da outra beira do océano.

25,90 € 25.900000000000002 EUR
UN SOCIALISMO VERDE - O cooperativismo en Vicente Risco e os galeguistas - Vicente Risco (Ed. Carlos Calvo Varela)
A Revolución Rusa de 1917 foi o acontecemento que decantou un grupo de mozos de Ourense, cultos e diletantes, para a acción política galeguista e o seu ingreso nas Irmandades da Fala. A conmoción do xigante experiemnto social soviético, o redescubrimento das tradicións comunitaristas das aldeas galegas e- moi especialmente- a independencia da Irlanda, fermentou neles unha serie de propostas económico-sociais para o país, nucleadas por un cooperativismo que acabou sendo o gran programa económico do galeguismo durante todo o século XX.....

20,00 € 20.0 EUR
FORMIGAS - Misión Camiño de Santiago - Andrés Meixide e Pere Tobaruela
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
ABC SEOANE - Piu Martínez, Cibrán Rico e Suso Vázquez
O universo infantil é inconmensurable, e os seus integrantes conforman unha nutrida comunidade lectora, ademais de formar parte do propio tecido da creación. As infancias e a arte son termos indisolublemente unidos, e a sensibilización polos temas artísticos, así como o desenvolvemento e a estimulación das capacidades creativas, inícianse desde idade temperá. As peculiaridades da ollada das infancias, o salvaxismo dos seus primeiros trazos e a experimentación coa cor e coa forma bañan as súas obras dunha alegría creadora que será perseguida por infinidade de artistas.

Moitos deles apropiáronse dos abecedarios —considerados unha das primeiras formas de libro infantil— como soporte de traballo, entendido este como un espazo de liberdade creativa capaz de absorber estilos gráficos heteroxéneos. Das súas achegas xorde unha sólida alianza que vincula de xeito estreito o libro infantil co libro de artista.

De Seoane aprendemos, entre outras moitas cousas, que o soporte no que un creador dá vida á súa obra non debe ser un condicionante, senón un amplificador indispensable para a expresión da súa propia liberdade creativa. Cubertas de libros, portadas de revistas, murais ou cerámicas son só algúns dos soportes que o artista galego empregou para narrarnos as súas inquietudes ao tempo que deixaba mostra do seu xenio. Este abecedario é vestixio da riqueza do seu facer como grafista e constatación do seu estilo singular.
20,00 € 20.0 EUR
FRANQUISMO Y REPRESIÓN DE GÉNERO EN GALICIA - Julio Prada Rodríguez (Ed.)
Si hay algo que caracterice a la represión implementada sobre las mujeres es su carácter sistémico e integral. Las mujeres no solo fueron castigadas por su implicación en actividades políticas o sociales de carácter izquierdista durante la República, por participar en la resistencia al golpe militar de julio de 1936 o por haber sido corresponsables de los "excesos" cometidos en la retaguardia en aquellas zonas que permanecieron más o menos tiempo bajo control de la República. Ni siquiera se las consideró solamente culpables por sus propios "pecados" y por los ajenos, pues buena parte de las represaliadas lo fueron por ser madres, hermanas, esposas o compañeras de varones buscados por las autoridades por diferentes motivos. También lo fueron por su mera condición de mujeres, por transgredir unos valores tradicionales que los rebeldes consideraban consustanciales a su naturaleza y que impusieron por la fuerza, lo cual supuso para todas ellas, cualquiera que fuese su significación política o social o su ausencia de ella, renunciar a una parte de su propia identidad. Represión, coerción y control social interactúan y se entremezclan de este modo para garantizar la perpetuación de la tradicional división de roles y la restauración del viejo orden amenazado por los tímidos avances experimentados en la etapa republicana. Desde esta perspectiva, puede afirmarse, sin temor a errar, que las mujeres fueron las grandes derrotadas de la debacle del treinta y seis.

18,00 € 18.0 EUR
GUÍA ILUSTRADA DO ENTROIDO GALEGO - VVAA
Dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas. Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. Prepárate para o mellor Entroido da túa vida!

15,50 € 15.5 EUR