Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
A PEDRA DA PEZOÑA - Un amuleto alexifármaco da tradición galega - Rafael Quintía Pereira
Neste traballo monográfico de corte etnográfica, o antropólogo Rafael Quintía achéganos unha completa investigación sobre un dos amuletos curativos máis sobranceiros da nosa cultura: a Pedra da pezoña, un talismán alexifármaco utilizado para o tratamento da pezoña, aireadas e outras doenzas. A Perda da pezoña, rodeada de mitos e crenzas, é un obxecto de poder documentado dende antigo e aínda vixente e activo na medicina polpular de Galicia. Os datos recollidos neste libro son froito de case dúas décadas de investigación e traballo de campo no eido da etnomedicina galega.

18,00 € 18.0 EUR
COPLAS ANALFABETAS - Antonio Tizón
Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia.

A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso.

Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.
20,00 € 20.0 EUR
CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO - Manuel Rei Romeu
Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.
17,00 € 17.0 EUR
PANDEIRETEIRAS - VVAA
Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX.

Mulleres que nos albores do último cuarto de século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI.
19,00 € 19.0 EUR
AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - Chévere
Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva. Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que o grupo Chévere realizou unha escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

13,00 € 13.0 EUR
EROSKI PARAÍSO - Chévere
Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria . [Fragmento do limiar de Xesús Ron: O estado de benestar desde o lado da sombra] Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.
13,00 € 13.0 EUR
FEIXE DE FLORES - Un programa humano, económico e ecolóxico - Xosé Luís Outes Ruso
Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.

Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.
23,20 € 23.2 EUR
IRMANDIÑAS - Aurora Marco
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX , non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos . As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros , mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes . Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades , quer nos coros e agrupacións teatrais , na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos , no desemvolvemento editorial galego , na actividade política , no espallamento do ideal galeguista e republicano , na defensa da lingua , na escritura ... Alí estaban as mullleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro ,para tentar cubrir un inxusto baleiro...
33,35 € 33.35 EUR
A MULLER CELTA - Espírito e misterio - Edain McCoy
Esta muller guerreira sabe cando loitar como un león... A coraxe das súas conviccións é o seu escudo, a súa alma é a súa lanza e a súa vontade, a súa fonte de sabedoría. Moitas mulleres andan a buscar unha imaxe do divino que reflicta como queren ser: fortes, creadoras e feminas. Atopándose a si mesmas na espiritualidade céltiga, unha tradición que louva tódolos aspectos da divindade feminina.
16,00 € 16.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Castelao
Este libro es un amplio tratado que recoge los problemas económicos y territoriales más importantes de la España de las Autonomías ante el umbral de la nueva Europa del siglo XXI.El libro se estructura básicamente en tres partes. En la primera se ofrece una síntesis de la evolución doctrinal de la ciencia regional, las teorías del crecimiento regional y los modelos de desarrollo local y de localización industrial. En la segunda parte se analizan las disparidades regionales de la economía española en el contexto de la UE tanto por Comunidades Autónomas como por grandes espacios territoriales. Y, en la tercera parte, se estudian detenidamente las diferentes vertientes de las políticas regionales en España.

5,77 € 5.7700000000000005 EUR
CRÓNICAS HISTÓRICAS DAS ILLAS CÍES - De mitos, ermitáns, piratas e mar polo medio - Juan Miguel González-Alemparte Fernández
Crónicas históricas das illas Cíes é un libro agarimoso que, sen perder seriedade e rigor na exposición das múltiples facetas históricas, logra ofrecer un relato polo que discorren topónimos, mitos, piratas, chouzos, monumentos, faros e personaxes entrañables como ôO Coxoö e ôO Chucoö. Unha guía cultural do arquipélago máis famoso do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
18,00 € 18.0 EUR
POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO - Dezaseis leccións - Xesús Alonso Montero
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres. Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
16,50 € 16.5 EUR
TIMPARRANTELA - Se te quixen foi polos grelos (CD)
Unha das mellores novas no eido musical dos últimos anos en Galicia é a proliferación de bandas compostas por mulleres. Donas afoutas que agarran de clarinete ou de piano e cantan ao mundo como elas o entenden. Velaquí unha desas propostas. Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción. Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Como é todo na vida. É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos. Quen as escoite, vai querelas. Con ou sen grelos polo medio.

21,00 € 21.0 EUR
O POVO IMPROVISADOR - Aventuras sobre regueifa e poesía oral - Séchu Sende
Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo.

Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste terás o que sempre tiveste.
Este livro fala sobre umha capacidade que todas as pessoas possuímos e podemos desenvolver: a poesía.

O povo improvisador é umha reivindicaçom de que tu também podes ser regueifeira.

O povo improvisador transmite energia para mudar o mundo através das palavras.
16,00 € 16.0 EUR
GUÍA ILUSTRADA DA CATEDRAL DE SANTIAGO - Marta González e Joaquín González
A Guía Ilustrada da Catedral de Santiago é un traballo minucioso e exhaustivo no que se quixo mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte. Para iso contamos con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria nas mellores editoriais de viaxes como Lonely Planet ou a turca Boyut; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago. Os argumentos de ambos os dous autores
fusiónanse nesta guía de forma natural, ofrecendo ao público unha visión actual da Catedral e o seu ámbito, con edicións en castelán e galego. Un
libro necesario para os visitantes e imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.

En Santiago, todo comozou moi probablemente arredor de 814-830. A Península Ibérica sufrira un século antes a invasión árabe e só o norte resistía os novos dominadores. Nun recóndito extremo do reino atsur, onde se concentra a resistencia contra os inimigos musulmáns, encóntrase un antigo sepulcro. A noticia corre polo reino e fóra del, e pronto se identifica esta tumba coa do Apóstolo Santiago, que, segundo a tradición, viñera a Hispania predicar o Evanxeo. Moi rapidamente o lugar, no que se constrúe una pequena igrexa ao estilo das prerrománicas asturianas, torna nun centro de peregrinación para un número cada vez maior de fieis.
20,00 € 20.0 EUR
FEDERACIÓN DE GUERRILLAS DE LEÓN-GALICIA - VVAA
A historia da guerrilla antifranquista foi ocultada polo silencio e a
desmemoria. Pero desde os anos 70 e 80 do século pasado vense
investigando e publicando traballos que van traendo luz sobre
este movemento. E a historiografía e a arqueoloxía están a seguir
proporcionándonos investigacións determinantes, e abrindo liñas
de estudo necesarias. As páxinas publicadas neste volume,
centradas na Federación de Guerrillas de León-Galicia, así o
demostran.
18,00 € 18.0 EUR
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA - Exaltación, honras, privilexios e distincións a golpistas, franquistas e criminais - Manuel Morge González
Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais. Fundacións franquistas; malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios; a familia Franco conserva propiedades que roubou e recibe todo tipo de privilexios; policías torturadores conservan as medallas e incrementan a súa pensión pola actividade criminal na ditadura franquista. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno. A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República e das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo.histo
29,95 € 29.95 EUR
DA GALIZA AO GALEUZCA - Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya - Xosé Estévez
MEMORIAS DUN NACIONALISTA E INVESTIGACIÓNS SOBRE AS RELACIÓNS ENTRE GALIZA, EUSKADI E CATALUNYA

Contrahistorias de Galicia son as outras historias ou, se o prefiren, o lado escuro e encuberto do noso pasado. Este libro trae ao presente mediante textos breves, apoiados «contra» profusas e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, unha visión desde ángulos dispares, coas cores, figuras e memorias dunha presada de personaxes secundarios, esquecidos e ignorados pola historia oficial. Un libro para ler e ver, ou viceversa. Un libro que, como todos, ten tapas e que de apetecerlles, poden usalas como contraventás: abrilas ou pechalas a criterio da súa curiosidade.
10,00 € 10.0 EUR
EU SON O MONTE - Sara Guerrero
En aparencia, o monte non é completamente hostil, non é unha selva. Nel asexa un tipo de vida que, sendo parcialmente allea, tamén nos é propia. O monte seméntano, cóidano e chapódano os seres humanos.
Sara Guerrero conta neste libro, ao tempo fami­liar e inhóspito, a chegada dunha parella a unha aldea galega. Regresan á casa semiabandonada dos devanceiros, forman parte dos que logo de xeracións volven de América. ¿Que os agarda? ¿Como afastar a desconfianza dos veciños e anoar outra vez vencellos? ¿É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?

Cun xeito de narrar directo e xenuíno, sen esquivar verdades, a autora acada os matices delicados da proximidade mais tamén os desa aspereza que asoma por tras da literatura de cerna, a da xente iner­me, sen coiraza, aberta ao mundo.

Velaquí un libro que raña coma as silvas e tamén é doce coma as amoras, unha narración ás veces estremecedora, ás veces balsámica. O relato dunha muller que noutro país —no noso país— consegue atopar tamén o seu.
12,00 € 12.0 EUR
VIAXE POR GALICIA - George Borrow
«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias viaxeiras do seu autor pola España de 1837. Malia a súa antigüidade, a lectura deste libro sorprenderá o lector a través dunha visión que, en moitos aspectos, non perdeu actualidade.
14,50 € 14.5 EUR
O HUMOR GALEGO ALÉN DA RETRANCA - Félix Caballero
É o humor un trazo esencial da psique galega? Son os galegos humoristas por natureza? Existe un humor galego diferente dos doutros pobos? Cales serían as súas características? Teñen os galegos humor de autoprotección? Rinse deles mesmos? Rinse dos galegos por España adiante ou rin con eles? Rin os galegos de como os ven por España? Investaron a retranca para que os españois que se rían deles non soubesen de que estaban a falar?
15,00 € 15.0 EUR
GALICIA CONTADA AOS NON GALEGUISTAS - Manuel Veiga Taboada
Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga?
Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. Porque fai falta ter, por fin, respostas que nos sirvan a todos.
18,95 € 18.95 EUR
GUÍA DE CAMPO DA GALICIA ENCANTADA - Dos seres míticos e dos lugares que habitan - Ed. Antonio Reigosa
Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares. Contos, tesouros, lendas urbanas, prodixios, mitoloxía, pontes, camiños...
14,50 € 14.5 EUR
11,70 € 11.700000000000001 EUR
COUSAS DA VIDA - Vellos- CASTELAO
Os vellos de Castelao son os depositarios da sabedoría do refraneiro, que vale tanto como dicir a sabedoría acumulada polos homes ao londo da súa vida.
15,50 € 15.5 EUR
A FILLA DO MAR - Rosalía de Castro
Un petisco de libro, pequeniño pero completo, para levar na carteira e ler a Rosalía cando gostes.
11,00 € 11.0 EUR
MILICIANOS POR CASTELAO - Frente Popular Antifascista Gallego
Láminas debuxadas por Castelao en New York no 1936.
11,70 € 11.700000000000001 EUR
HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA - Época contemporánea - Herminia Pernas Oroza
Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de «ángel del hogar» considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola «muller moderna».
25,00 € 25.0 EUR
MULLERES IMPRESCINDIBLES - Educadoras na vangarda do século XX
Mulleres imprescindibles. Educadoras na vanguarda do século xx pon de relevo o protagonismo dalgunhas das mulleres máis importantes da nosa recente historia educativa, un protagonismo que sempre existiu aínda que permanecese oculto durante moito tempo. Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luísa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel son grandes referentes educativos do «século da infancia». Un novo volume da Biblioteca de Pedagoxía, colección que trae á nosa lingua textos clásicos ou obras inéditas do pensamento e a práctica pedagóxica, e na que xa publicamos autores tan relevantes como Francesco Tonnucci, Maria Montessori, Jean Piaget, Paolo Freire, Célestine Freinet ou John Dewey, entre outros.
19,00 € 19.0 EUR
MADIALEVA - Ana Moreiras
Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo?

Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade?

Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente

Madialeva é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero.

19,95 € 19.95 EUR
COUSAS DE NENOS - Castelao
A obra de Castelao tivo moi presente a mirada dos nenos e das nenas. Esta mirada sobre as cousas da vida que aos adultos lles escapa e que os máis novos si son quen de advertir. As cousas dos nenos e das nenas, tamén as dos seus compañeiros de xogos, de alegrías e de penas, os animais, están presentes en cada unha das páxinas deste libro, onde o Castelao de sempre chega de novo ás vosas mans.
12,40 € 12.4 EUR
UNOS AÑOS DE EMIGRACIÓN EN BUENOS AIRES - Luis Sánchez
Unos años de emigración en Buenos Aires (1917) constituye una primera obra en prosa de Luis Sánchez Abal.
Encadrábel no xénero da novela de quiosco, e con claras inspiraciones autobiográficas, descríbese nela a andaina vital dun novo inmigrante, Aurelio Monterrey, quen traballa primeiro no comercio e despois tenta conseguir un oco no panorama literario e xornalístico. Conforme coñece a sociedade porteña ea colectividade galega, desenvolve una postura crítica cara aos inmigrantes e as súas asociaciones e festas, e experimenta una fonda desilusión coas súas expectativas primixenias. Al final, Aurelio decidió volver a Galicia, non sen un pouso de señardade polos seus anos de formación vital na metrópole austral.
15,00 € 15.0 EUR
SABER DE NÓS - O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS - Henrique Monteagudo e Ramón Villares
Detrás de Saber de nós hai vinte autores que asinan outros tantos artigos que se estruturan en dúas partes que parten de dous congresos realizados polo CCG en 2023, ano en que se conmemoraba o centenario da creación do Seminario. A primeira parte recolle os traballos sobre o propio seminario, mentres que na segunda faise unha análise sobre o seminario en comparación coas institución máis ou menos paralelas que xurdiron na Península nas primeiras décadas do século XX.

O Seminario e a súa importancia
“A denominación do Seminario de Estudos Galegos evocaba unha maneira nova de traballar desde a universidade que puña o acento no traballo colaborativo” explicou Henrique Monteagudo na presentación, sobre o monllo de estudos que conforman a primeira parte da obra. Non só supuxo esa mímese do que se introducira na reforma das universidades en Alemaña no século XIX que pretendía superar a educación memorística co modelo tradicional de lección maxistral promovendo o debate en grupos reducidos, dirixidos por un profesor co que o alumnado mantiña unha relación directa. O Seminario tiña tamén, en palabras de Monteagudo “Unha visión orgánica do país e foi tamén a primeira ver que se empregaba inequivocamente o galego”. No volume cóntase que o SEG foi o primeiro seminario que existiu en Galicia e o único por moito tempo. Ademais, tamén explica que a recuperación da forma tradición galego foi un xestos “emblemático do proceso de resignificación do idioma do país promovido polas Irmandades, que supuña a superación do paradigma lingüístico-cultural e político do rexionalismo”.

O novo espírito deste seminario foi estudado por Ramón Villares; o contexto histórico por Justo Beramendi, ao que lembraron no marco da presentación. Da relación do SEG coas institucións públicas do momento trata Alfonso Mato no seu artigo, mentres que Uxío-Breogán Diéguez abordou a súa conexión co nacionalismo galego. Xerardo Pereiro deitou a ollada sobre as identidades galegas a partir dos discursos do seminario; mentres que Óscar Penín Romero e Susana Reboreda Morillo poñen o acento no papel que desenvolveron na arqueoloxía galega. Francisco Díaz-Feirros analizou as ciencias no Seminario.

O volume dá conta da súa importancia que, malia a súa fraqueza económica foron os seus plans de traballo e a incesante difusión dos seus resultados os que foron lexitimando a súa actividade. Esas innovadoras actividades de extensión son as que analiza María Xesús Fortes Alén no seu estudo. Pilar García negro repara na visión política de Galicia no anteproxecto de Estatuto de Autonomía que elaboraron.

Sobre as novas entidades que acolleron o legado do Seminario (nomeadamente o Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento e o Museo do Pobo Galego) falaron Miguel Anxo Seixas Seoane, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés e María Xosé Fernández Cerviño. “Tivo unha vida breve, só trece anos, foi moi precario e non chegou a desenvolver todos os seus ámbitos” remarcou Monteagudo.

O Seminario en clave comparada
A segunda parte, da que se encargou Ramón Villares, pon en contexto o SEG con outras institucións de alta cultura que existiron na península. “Durou só trece anos, pero deixou un pouso ético na tradición e cultura galega” apuntou Villares que destacou a súa vinculación coa universidade, na que nace pero da que ten completa independencia. “Foi unha ruptura cultural porque mudou as formas de ensino e de investigar, que abandonaron o memorialismo e optaba por outros camiños”. Esta visión é a que analiza no seu artigo, que está acompañado do traballo doutros autores, encamiñados a detallar o devalar doutras institucións análogas. Borja de Riquer Permanyer afonda no Institut d’Estudis Catalans, creado en Barcelona en 1907. Da Eusko Ikaskuntza-Sociedad de Estudios Vascos, fundada en San Sebastián en 1918, fala Idoia Estornés Zubizarreta e Javier Moreno fai o estudo sobre o Centro de Estudios Históricos, que funcionou en Madrid, entre 1907 e 1939 e da Junta para Ampliación de Estudos. Da entidade fundada en Portugal, a Sociedade Martins Sarmento, dá conta Antonio Ferreira.

Trátase de máis de vinte traballos que abordan a traxectoria do Seminario de Estudos Galegos (SEG) tanto desde a súa produción científica e incardinación no ámbito galego da época, como da súa comparación con outras institucións de alta cultura de ámbito peninsular ou europeo. Na presentación, Henrique Monteagudo destacou a capacidade innovadora do SEG por introducir novos procesos de traballo e de relación na universidade menos xerárquicos, a "visión orgánica do país e o feito de que era a primeira vez que se empregaba inequivocamente o galego para o nome dunha institución". Por outra banda, Ramón Villares destacou a significación do SEG no seu momento e ata hoxe, como unha "ruptura xeneracional e cultural" e no alento internacional deste tipo de institucións. No volume participan investigadores coma o propio Ramón Villares, o finado Justo G. Beramendi, Alfonso Mato, Uxío-Breogán Diéguez, Xerardo Pereiro, Oscar Penín, Susana Reboreda ou Miguel Anxo Seixas, entre moitos outros. O volume pode descargarse de balde no web do CCG.
20,00 € 20.0 EUR
HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA - Pack dos 4
Prehistoria. Historia antiga O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxico que apenas permite vislumbrar as vidas das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado matriarcal das civilizacións. Combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, a autora traza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lle outorgan cada vez máis ás mulleres un protagonismo moi destacado. Idade Media A dependencia, a debilidade, a inferioridade son os trazos dominantes con que a imaxe da muller é ofrecida á mentalidade colectiva desde os ambientes máis cultos da sociedade medieval. Pero, por baixo desa muller abstracta, aínda que non irreal nin carente de influencia, neste libro destácanse as mulleres reais, que toman conciencia do feito de selo, defenden os seus dereitos, demostran que non admiten de bo grado o dominio dos homes e tratan de avanzar nun camiño que non alcanzou aínda a meta. Elas móstrannos que a loita pola liberación das mulleres ten longas raíces e, de paso, que non todo avance no tempo é progreso e que a Idade Media non é a época escura á que moitos, por descoñecemento, se refiren de forma despectiva. Idade Moderna Neste libro dase unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas mulleres e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector. Época Contemporánea Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de «ángel del hogar» considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola «muller moderna».
39,00 € 39.0 EUR
ALFONSO R. CASTELAO, A FORXA DUN MITO - Henrique Monteagudo
Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.
18,50 € 18.5 EUR
CAMBEDO DA RAIA Solidariedade galego-portuguesa silenciada - VVAA
Lamadarcos, foi cruzada pela fronteira até 1864. Designada como
mista ou mistiga em documentos antigos, integraria com as outras
duas os que serão chamados, no século XIX, «povos promíscuos».
Viria a pertencer a Portugal a partir da assinatura do Tratado de
Limites de 1864, em resposta à consolidação do liberalismo e à
construção dos Estados-nação em Portugal e Espanha, que rejeitavam
uma realidade jurídica própria do Antigo Regime, ao
mesmo tempo que subsumiam uma nação subestatal: a Galiza.
Cambedo da Raia localiza-se no concelho de Chaves e faz fronteira
com dois concellos galegos: Verín e Oimbra. Foi durante muito
tempo um ponto de cruzamento e passagem fronteiriça, utilizado
também pelos resistentes às ditaduras ibéricas. Na conjuntura da
guerra de Espanha (1936-39), integrou um corredor de salvamento
de quem fugia do horror da repressão golpista. A sua população
acolheu refugiados, alguns dos quais viriam a enquadrar
grupos de guerrilheiros que combatiam o franquismo. Em 1946,
depois de um conjunto de peripécias, uma das quais forjada, a aldeia
seria cercada por forças repressivas de ambas as ditaduras
ibéricas e bombardeada com morteiros. Uma parte dos seus habitantes
seria presa pela PIDE. Houve várias mortes, vidas destroçadas,
pequenas economias agrícolas devastadas, num lastro
de sofrimento que permanece até hoje. Além de tudo, a aldeia sofreu
o opróbrio que os fascismos ibéricos fizeram cair sobre quem
soube acolher os que fugiam do horror da guerra e os que combatiam
o franquismo.
18,00 € 18.0 EUR
CASTELAO - Segundo Rañolas
Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.
Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.
14,50 € 14.5 EUR
VERSOS E ACORDE - Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000)
Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50 Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas.
20,95 € 20.95 EUR
COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON FLUIDEZ - Carlos Callón
De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
14,50 € 14.5 EUR
O AUTOGOBERNO DE GALICIA - Fundamentos e institucións - Francisco Caamaño e Daniel Jove
Preto de facer corenta e cinco anos, o autogoberno de Galicia xa non pode explicarse de xeito estático, coma se fose unha realidade illada. A nosa Comunidade Autónoma forma parte dun complexo sistema de gobernanza multinivel que vai desde as entidades locais ata a UE, pasando polo Estado. O fundamento democrático dese modelo fai que a cidadanía teña que xestionar distintas identidades (a galega, a española, a europea) e que os seus dereitos e as relacións cos poderes públicos varíen en función do eido institucional en que desenvolven as súas actividades. Este é o enfoque deste libro, dirixido a un público amplo, onde se contrastan as semellanzas e as grandes diferenzas que existen entre o federalismo e o autonomismo, como estratexias descentralizadoras do poder político.

23,60 € 23.6 EUR
SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA - Bieito Romero (Inclúe CD de Luar na lubre)
Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas.
33,10 € 33.1 EUR
A CASA DO AMO - Unha nálise do discurso colonial e racista na literatura galega - María Reimóndez (Ilust. Mariamo Mussa Juane)
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.
18,95 € 18.95 EUR
CANTAREIRAS - A poesía popular nas Letras Galegas 2025
Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir.

6,00 € 6.0 EUR
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA - Henrique Monteagudo
Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística. A través das súas páxinas, pódese seguir a evolución da relación entre a sociedade galega e as linguas (nomeadamente, o galego, o latín e o castelán), contextulizada nas sucesivas coordenadas históricas e socio-culturais. Aténdese tanto o ámbito da comunicación -as funcións sociais das linguas- como as ideoloxías e os imaxinarios colectivos -as representacións sociais- e a maneira en que se integran nas dinámicas de moldeamento das identidades sociais. Rica en información, que se presenta de xeito claro e conciso, esta obra ofrece perspectivas novidosas sobre a historia social do idioma galego, e, por iso, desde a súa primeira edición en 1999, se tornou referencia obrigada para os estudosos e todas as persoas interesadas polo tema.
29,75 € 29.75 EUR
BIBIANO - Cambiar para ser un mesmo
A intención primeira deste libro é rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.
23,80 € 23.8 EUR