Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

ANTOLOXÍA DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, dispostos nunha edición que conta cun amplo e accesible estudio introductorio e que analiza e nos guía, con erudición e sinxeleza, por este tesouro literario que é a nosa lírica medieval.
36,50 € 36.5 EUR
A XUSTIZA POLA MAN - Violencia e conflitividade na Galicia comtemporánea - VVAA
«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante. «Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia». Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid). «Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia». Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa). «No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente». Álex Alonso Nogueira (City University of New York).
26,95 € 26.95 EUR
A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN - Eva Mejuto e Bea Gregores
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
17,50 € 17.5 EUR
DESVENDANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA - Francisco Rodríguez
Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.

Reunimos aquí unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida.

Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.
15,00 € 15.0 EUR
ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA - Bieito Alonso
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo. Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto.
24,00 € 24.0 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1196-981) gal-eng - Jonathan Dunne
ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos.

27,30 € 27.3 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1981-2011) GAL-ENG - Jonathan Dunne
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.
30,75 € 30.75 EUR
A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTRO POBOS DA GALLAECIA - Fernando Cabeza Quiles
Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia pouco coñecido e especialmente ignorado: o dos celtas ou celtici do noso antigo territorio. A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia contribúe a librar do esquecemento o atlantismo galego -complemento sine qua non do celtismo-, ignorado e disimulado a mantenta polo poder centralizador do corte e intereses mediterráneos.

Fernando Cabeza Quiles, figura fundamental na cultura do noso tempo, recoñecida internacionalmente pola súa investigación toponímica- con máis de 30 anos de especialización na materia-, atinxe na presente obra, con ánimo ameno e divulgativo, un fito no coñecemento dos nomes de lugar de orixe celta na rexión de Bergantiños e no conxunto de Galicia.

20,00 € 20.0 EUR
AS HORAS MORTAS - Emma Pereira
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d’As horas mortas.
28,00 € 28.0 EUR
SUPERSTICIONES DE GALICIA - Jesús Rodríguez López
Varios autores se ha ocupado en describir alguna que otra de las supersticiones gallegas. La mayor parte de los poetas regionales que describieron costumbres del país, han tocado con la superstición, que acompaña a muchos de los actos de nuestro pueblo. En esta obra se abordan supersticiones gallegas que nunca antes se habían dejado por escrito.
19,00 € 19.0 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
GALICIA - Terra, mar e xentes - Milagre da Terra / Flora - Gwendolyn Luo
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.

Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados nos campos máis próximos aos seus fogares.

No texto fálase das características importantes ou curiosidades dalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendo relación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacando as características polas que deben ser admiradas.

Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado, hai que valorar o contido botánico que encerra.

Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunha ilustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles de cada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente ese cometido.
11,05 € 11.05 EUR
GALICIA, UN MAR CON HISTORIA - Isidro Dubert
Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII. Ademais, aténdese aquí á loita pola "posesión do mar" e aos conflitos sociais durante o Antigo Réxime, á posta en funcionamento da Matrícula do Mar en 1748, á conformación no país dunha nova elite social a finais do século XVIII e a súa participación no tráfico de escravos no XIX, e aos motíns e as revoltas populares acaecidas nas cidades litorais. E iso sen esquecer o que para Galicia supuxo a chegada do capitalismo ao mar, a forza do anarquismo nos portos entre 1900 e 1936, a importancia das mulleres nas industrias pesqueira e conserveira, a creación dunha industria naval punteira a partir de 1960, a reconversión industrial de 1983-1996, as modificacións que experimentou a estrutura portuaria galega durante o século XX...
22,95 € 22.95 EUR
A GALICIA DO SÉCULO XXI - Antón Álvarez Sousa
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer. Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen. Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
22,95 € 22.95 EUR
CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA - O legado das cantareiras - María Lado
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música galega que escoitas hoxe en día e a literatura que les non serían as mesmas. Por iso, esas mulleres son as homenaxeadas no Días das Letras Galegas de 2025. Este libro é unha viaxe ao seu tempo e ao seu lugar, durante a
12,95 € 12.950000000000001 EUR
ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA - Francisco Rodríguez
No 2010 cumpríronse 125 anos da morte de Rosalía . Todo o que se fixo , e no foi pouco con tanta indiferenza e mal disimulada hostilidade oficial , foi á iniciativa social , impulsado por sectores populares ou pequenas empresas conscientes do seu valor e da súa vixencia , coa axuda dalgúns concellos . Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor , neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller , Rosalia de Castro , que trascenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego , e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora , imprescindíbel . Mantendo o rigor analítico e o manexo de fontes históricas abondosas , característicos do seu autor , é un texto de fácil , entretida e suxerinte lectura . De seguro que vai incitar a reler a obra rosaliana , nuns casos ; noutros , a lela na súa totalidade ; en moitos , a achegarse a ela por primeira vez con interese e devezo .
23,00 € 23.0 EUR
HISTORIA VISUAL DO REINO MEDIEVAL DE GALICIA
Trespés ven de lanzar a publicación centrada no período medieval, a “Historia visual do Reino Medieval de Galicia”. Combinando ilustracións, mapas e fotografías que se acompañan con textos accesíbeis, esta publicación pretende ser un recurso divulgativo para o público xeral, especialmente para o estudantado, que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galicia, e concretamente do seu período medieval.

A través da publicación, o público achegarase a un período histórico que non deixa de sorprender. Unha ferramenta para nos aproximar dunha das etapas máis sobresaíntes, e ao tempo máis descoñecidas do pasado do país.

Esta produción foi realizada por Trespés Producións Culturais e contou co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro da liña de subvencións a proxectos centrados no Reino medieval de Galicia.
20,00 € 20.0 EUR
DAS PIONEIRAS ÁS PRIMEIRAS FEDERADAS - Unha historia social do deporte feminino en Boiro - Antón Rodríguez Gallardo
As mulleres en xeral e as de Boiro en particular son o núcleo desta obra que é de historia local, é de historia do deporte pero, sobre todo, é da historia da muller. Unha historia con perspectiva de xénero que, centrada nas mulleres dunha localidade costeira da Ría de Arousa, pon o foco, sobre as mulleres dunha realidade galega e española que pasaron dos anhelos de liberdade a ter que socializar e expresarse nunha ditadura que a contemplaba supeditada ao home e, a pesar disto, planeaba a súa participación nunha rede deportiva de orientación filofascista que evolucionaría dende os tempos da vitoria até o tardofranquismo.
Quen vai a dispoñerse a ler este libro que saiba que está ante un traballo complexo e, á vez, de lectura doada e pracenteira. Un traballo local e universal sobre o deporte, a sociedade e a muller. Un traballo perfectamente concluído e, polo tanto, e isto é o máis interesante, aberto a ser continuado, porque, con seguridade, a lectura destas liñas invitarán a querer saber máis sobre as mulleres deportistas de Boiro.
16,00 € 16.0 EUR
MEIRÁS - Un pazo, un caudillo, un espolio . Carlos Babío e Manuel Pérez
Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás . Residencia de verán do Xefe do Estado durante catro décadas , o edificio , construído pola escritora Emilia Pardo Bazán , chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime . O presente volume estuda e documenta esrs procedementos e analiza a actuación das administracións en Meirás , co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que , á morte de Franco , ficaría nas mans da súa familia . Un relato que vén a botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferenes . O relato dun tempo que axuda a explicar , en boa medida , o noso presente .
22,00 € 22.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Castelao
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
24,35 € 24.35 EUR
HISTORIAS DE BARBANTIA - 17 relatos de autores do Barbanza
Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte.
Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: “Un para todos…”, armados de luz e palabra.
E se “todo está na palabra” en termos nerudianos, a palabra poética será a única arma salvavidas que nos ha rescatar dos desérticos mares que nos ameazan: a intolerancia, a insensibilidade, e mais a ignorancia.
18,40 € 18.400000000000002 EUR
DESCUBRINDO ANA PONTÓN - Suso De Toro
Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns que ven en Ana Pontón a líder indiscutible que agarda gobernar Galiza como consecuencia dunha historia de resistencias e de afirmacións de liberdade; esa figura propia dun tempo novo en que as expectativas van da man dunha muller.
12,30 € 12.3 EUR
9,95 € 9.950000000000001 EUR
BARCAS E BARCOS DOS RÍOS GALAICOS - Patrimonio fluvial naval - Lois Ladra
Convídanos a navegar polas augas dos nosos ríos para descubrir as embarcaciones fluviais documentadas en Galicia, as súas características y os seus usos. Así también, fai unha achega ás embarcaciones de otros ríos peninsulares de la bacía atlántica.
Esta obra, libro que teño a honra de prologar, é froito de moitos anos de pesquisa: non só en bibliotecas e arquivos, senón tamén con traballos de campo realizados na procura de embarcaciones fluviais en Galicia e no norte de Portugal, con propósito de fotografiar , medir y anotar as súas características constructivas, así como poder falar cos seus constructores ou donos para recadar más información e, A veces, para comprobar personalmente su flotabilidad, su capacidad de carga y su operatividad de sus medios de propulsión. Esta minuciosidade tivo como resultado que este libro constituye el estudio más completo realizado ata a data sobre as embarcaciones fluviais tradicionais de Galicia.
15,00 € 15.0 EUR
O EXILIO DE CASTELAO - Bieito Alonso
De entre as miles de páxinas dedicadas a estudiar as facetas artísticas, literaria, humanista, social, moral ou mesmo política de Castelao, semella que unha lousa indelébel foi ocultando o seu intenso labor no exilio.

Aínda hoxe, tantos anos despois, esa xeira alimenta pudores e prevencións, comprensíbeis entre aqueles que quixeran dar por finiquitado o compromiso ético e político de quen fora Presidente do Conselo de Galiza.

Este libro trata con outra mirada ao Castelao do exilio, recoñecendo nel un direixente político nacionalista, republicano e progresista que nos trasladou unha mensaxe nidia e contundente: Galiza é unha nación e os límites da sua soberanía só pode determinalos o pobo que lle dá sentido.
5,00 € 5.0 EUR
CASTELAO É NOSO - X.L. MÉNDEZ FERRÍN
Este breve volume reúne parte da obra
ensaística dispersa de X. L. Méndez Ferrín
na que aborda o pensamento político
de A. Daniel Rodríguez Castelao. O eixo
aglutinador é a crítica á apropiación da súa
figura por quen actúa en contradición co
que Castelao fixo e deixou escrito.

Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez
Ferrín dedicou á ??igura política de Castelao dentro
da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos
Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007
e 2020). En total, trece textos aparecidos entre
2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete
entregas) dos que titulou como «Castelao é noso»,
recollendo así un verso dun coñecido poema de
Celso Emilio Ferreiro.
A presente edición, supervisada polo propio autor,
está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral
da Universidade de Vigo Fernando Ramallo,
quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que
Ferrín reflexiona sobre a actividade política
de Castelao permite achegármonos a unha
mellor comprensión dos acontecementos que
singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa
fundamental da nosa historia recente».
No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria
persoal e activismo político dende 1953 ata
a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos
demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas. É
dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen
a memoria dos que sufriron e dos que perderon na
Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o
oprobio ao longo de corenta anos e máis».
13,90 € 13.9 EUR
A ETNOMEDICINA GALEGA - Achegas dende a antropoloxía - Rafael Quintía Pereira
A medicina popular galega foi obxecto de estudo dende o século XVIII. Diferentes autores achegáronse a ela con diversos enfoques, algúns deles cargados de fondos prexuízos. Nesta ocasión, o antropólogo Rafael Quntía fai un estudo pormenorizado dos aspectos máis salientables de cantos configuran a nosa etnomedicina, achegando unha ollada antropolóxica a estas prácticas e saberes tradicionais e á relación que manteñen coa biomedicina ou medicina moderna actual. A presente obra é froito de anos de traballo de campo e de estudo bibliográfico sobre un aspecto tan fundamental da nosa cultura e da nosa existencia humana como é a salvagarda da saúde. A clasificación das enfermidades e das doenzas, as síndromes especificamente culturais, os especialistas da medicina popular, os diferentes recursos curativos, o poder da palabra ou o papel da maxia e da relixión neste sistema tradicional de saúde son algúns dos múltiples temas que se abordan nesta monografía.
25,00 € 25.0 EUR
HABITADA - Cristina Sánches-Andrade
Manuela é unha moza cunha especial sensibilidade para captar o que non se ve, para comunicarse coas criaturas e enerxías que se refuxian no profundo. Pobre e sometida ás imposicións dos homes, sentirá dentro de si como aflora unha forza descoñecida que mudará a vida dela e a de todos os que a arrodean.

Cristina Sánchez-Andrade toma como pretexto a historia real da Espiritada de Moeche para compoñer unha novela lírica e imprevisible, chea de imaxes e personaxes inesquecibles.
19,00 € 19.0 EUR
EMILIA PARDO BAZÁN E GALICIA - José María Paz Gago
Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada.
Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro.
Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival; a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida.
A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.
24,00 € 24.0 EUR
A SAGA DAS CURANDEIRAS - Marisa Castro Cerceda
A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencilble, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.
21,00 € 21.0 EUR
PEPA A LOBA - Carlos Reigosa
Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.
19,95 € 19.95 EUR
MÁXICAMENTE VELLA ETERNAMENTE NOVA - Carlos Callón
Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025. Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana. Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes. Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre.
11,50 € 11.5 EUR
ARREDOR DE CASTELAO no século XXI - Mª Pilar García Negro
Castelao compuxo o mellor painel de coñecemento histórico, social, artístico, legado polo contemporaneidade. Sen a súa achega, a representación da Galiza estaría moito máis fragmentada e oculta. Representa, a súa obra artístico-literario e o seu pensamento e actividade política, un auténtico antídoto contra o minifundismo, porque nos significou e nos universalizou a través de espellos non falsificados. É proba do que dá de si o povo galego, cando a vontade de existir autonomamente se traduce en práctica social e cultural, e el propio contribuíu a exhibilo, a facelo certo.
19,95 € 19.95 EUR
BIBIANO - Cambiar para ser un mesmo
A intención primeira deste libro é rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.
23,80 € 23.8 EUR
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA - Henrique Monteagudo
Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística. A través das súas páxinas, pódese seguir a evolución da relación entre a sociedade galega e as linguas (nomeadamente, o galego, o latín e o castelán), contextulizada nas sucesivas coordenadas históricas e socio-culturais. Aténdese tanto o ámbito da comunicación -as funcións sociais das linguas- como as ideoloxías e os imaxinarios colectivos -as representacións sociais- e a maneira en que se integran nas dinámicas de moldeamento das identidades sociais. Rica en información, que se presenta de xeito claro e conciso, esta obra ofrece perspectivas novidosas sobre a historia social do idioma galego, e, por iso, desde a súa primeira edición en 1999, se tornou referencia obrigada para os estudosos e todas as persoas interesadas polo tema.
29,75 € 29.75 EUR
CANTAREIRAS - A poesía popular nas Letras Galegas 2025
Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir.

6,00 € 6.0 EUR
A CASA DO AMO - Unha nálise do discurso colonial e racista na literatura galega - María Reimóndez (Ilust. Mariamo Mussa Juane)
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.
18,95 € 18.95 EUR
SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA - Bieito Romero (Inclúe CD de Luar na lubre)
Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas.
33,10 € 33.1 EUR
O AUTOGOBERNO DE GALICIA - Fundamentos e institucións - Francisco Caamaño e Daniel Jove
Preto de facer corenta e cinco anos, o autogoberno de Galicia xa non pode explicarse de xeito estático, coma se fose unha realidade illada. A nosa Comunidade Autónoma forma parte dun complexo sistema de gobernanza multinivel que vai desde as entidades locais ata a UE, pasando polo Estado. O fundamento democrático dese modelo fai que a cidadanía teña que xestionar distintas identidades (a galega, a española, a europea) e que os seus dereitos e as relacións cos poderes públicos varíen en función do eido institucional en que desenvolven as súas actividades. Este é o enfoque deste libro, dirixido a un público amplo, onde se contrastan as semellanzas e as grandes diferenzas que existen entre o federalismo e o autonomismo, como estratexias descentralizadoras do poder político.

23,60 € 23.6 EUR
COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON FLUIDEZ - Carlos Callón
De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
14,50 € 14.5 EUR
VERSOS E ACORDE - Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000)
Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50 Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas.
20,95 € 20.95 EUR
CASTELAO - Segundo Rañolas
Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.
Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.
14,50 € 14.5 EUR
CAMBEDO DA RAIA Solidariedade galego-portuguesa silenciada - VVAA
Lamadarcos, foi cruzada pela fronteira até 1864. Designada como
mista ou mistiga em documentos antigos, integraria com as outras
duas os que serão chamados, no século XIX, «povos promíscuos».
Viria a pertencer a Portugal a partir da assinatura do Tratado de
Limites de 1864, em resposta à consolidação do liberalismo e à
construção dos Estados-nação em Portugal e Espanha, que rejeitavam
uma realidade jurídica própria do Antigo Regime, ao
mesmo tempo que subsumiam uma nação subestatal: a Galiza.
Cambedo da Raia localiza-se no concelho de Chaves e faz fronteira
com dois concellos galegos: Verín e Oimbra. Foi durante muito
tempo um ponto de cruzamento e passagem fronteiriça, utilizado
também pelos resistentes às ditaduras ibéricas. Na conjuntura da
guerra de Espanha (1936-39), integrou um corredor de salvamento
de quem fugia do horror da repressão golpista. A sua população
acolheu refugiados, alguns dos quais viriam a enquadrar
grupos de guerrilheiros que combatiam o franquismo. Em 1946,
depois de um conjunto de peripécias, uma das quais forjada, a aldeia
seria cercada por forças repressivas de ambas as ditaduras
ibéricas e bombardeada com morteiros. Uma parte dos seus habitantes
seria presa pela PIDE. Houve várias mortes, vidas destroçadas,
pequenas economias agrícolas devastadas, num lastro
de sofrimento que permanece até hoje. Além de tudo, a aldeia sofreu
o opróbrio que os fascismos ibéricos fizeram cair sobre quem
soube acolher os que fugiam do horror da guerra e os que combatiam
o franquismo.
18,00 € 18.0 EUR
ALFONSO R. CASTELAO, A FORXA DUN MITO - Henrique Monteagudo
Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.
18,50 € 18.5 EUR
HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA - Pack dos 4
Prehistoria. Historia antiga O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxico que apenas permite vislumbrar as vidas das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado matriarcal das civilizacións. Combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, a autora traza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lle outorgan cada vez máis ás mulleres un protagonismo moi destacado. Idade Media A dependencia, a debilidade, a inferioridade son os trazos dominantes con que a imaxe da muller é ofrecida á mentalidade colectiva desde os ambientes máis cultos da sociedade medieval. Pero, por baixo desa muller abstracta, aínda que non irreal nin carente de influencia, neste libro destácanse as mulleres reais, que toman conciencia do feito de selo, defenden os seus dereitos, demostran que non admiten de bo grado o dominio dos homes e tratan de avanzar nun camiño que non alcanzou aínda a meta. Elas móstrannos que a loita pola liberación das mulleres ten longas raíces e, de paso, que non todo avance no tempo é progreso e que a Idade Media non é a época escura á que moitos, por descoñecemento, se refiren de forma despectiva. Idade Moderna Neste libro dase unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas mulleres e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector. Época Contemporánea Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de «ángel del hogar» considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola «muller moderna».
1,00 € 1.0 EUR
SABER DE NÓS - O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS - Henrique Monteagudo e Ramón Villares
Detrás de Saber de nós hai vinte autores que asinan outros tantos artigos que se estruturan en dúas partes que parten de dous congresos realizados polo CCG en 2023, ano en que se conmemoraba o centenario da creación do Seminario. A primeira parte recolle os traballos sobre o propio seminario, mentres que na segunda faise unha análise sobre o seminario en comparación coas institución máis ou menos paralelas que xurdiron na Península nas primeiras décadas do século XX.

O Seminario e a súa importancia
“A denominación do Seminario de Estudos Galegos evocaba unha maneira nova de traballar desde a universidade que puña o acento no traballo colaborativo” explicou Henrique Monteagudo na presentación, sobre o monllo de estudos que conforman a primeira parte da obra. Non só supuxo esa mímese do que se introducira na reforma das universidades en Alemaña no século XIX que pretendía superar a educación memorística co modelo tradicional de lección maxistral promovendo o debate en grupos reducidos, dirixidos por un profesor co que o alumnado mantiña unha relación directa. O Seminario tiña tamén, en palabras de Monteagudo “Unha visión orgánica do país e foi tamén a primeira ver que se empregaba inequivocamente o galego”. No volume cóntase que o SEG foi o primeiro seminario que existiu en Galicia e o único por moito tempo. Ademais, tamén explica que a recuperación da forma tradición galego foi un xestos “emblemático do proceso de resignificación do idioma do país promovido polas Irmandades, que supuña a superación do paradigma lingüístico-cultural e político do rexionalismo”.

O novo espírito deste seminario foi estudado por Ramón Villares; o contexto histórico por Justo Beramendi, ao que lembraron no marco da presentación. Da relación do SEG coas institucións públicas do momento trata Alfonso Mato no seu artigo, mentres que Uxío-Breogán Diéguez abordou a súa conexión co nacionalismo galego. Xerardo Pereiro deitou a ollada sobre as identidades galegas a partir dos discursos do seminario; mentres que Óscar Penín Romero e Susana Reboreda Morillo poñen o acento no papel que desenvolveron na arqueoloxía galega. Francisco Díaz-Feirros analizou as ciencias no Seminario.

O volume dá conta da súa importancia que, malia a súa fraqueza económica foron os seus plans de traballo e a incesante difusión dos seus resultados os que foron lexitimando a súa actividade. Esas innovadoras actividades de extensión son as que analiza María Xesús Fortes Alén no seu estudo. Pilar García negro repara na visión política de Galicia no anteproxecto de Estatuto de Autonomía que elaboraron.

Sobre as novas entidades que acolleron o legado do Seminario (nomeadamente o Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento e o Museo do Pobo Galego) falaron Miguel Anxo Seixas Seoane, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés e María Xosé Fernández Cerviño. “Tivo unha vida breve, só trece anos, foi moi precario e non chegou a desenvolver todos os seus ámbitos” remarcou Monteagudo.

O Seminario en clave comparada
A segunda parte, da que se encargou Ramón Villares, pon en contexto o SEG con outras institucións de alta cultura que existiron na península. “Durou só trece anos, pero deixou un pouso ético na tradición e cultura galega” apuntou Villares que destacou a súa vinculación coa universidade, na que nace pero da que ten completa independencia. “Foi unha ruptura cultural porque mudou as formas de ensino e de investigar, que abandonaron o memorialismo e optaba por outros camiños”. Esta visión é a que analiza no seu artigo, que está acompañado do traballo doutros autores, encamiñados a detallar o devalar doutras institucións análogas. Borja de Riquer Permanyer afonda no Institut d’Estudis Catalans, creado en Barcelona en 1907. Da Eusko Ikaskuntza-Sociedad de Estudios Vascos, fundada en San Sebastián en 1918, fala Idoia Estornés Zubizarreta e Javier Moreno fai o estudo sobre o Centro de Estudios Históricos, que funcionou en Madrid, entre 1907 e 1939 e da Junta para Ampliación de Estudos. Da entidade fundada en Portugal, a Sociedade Martins Sarmento, dá conta Antonio Ferreira.

Trátase de máis de vinte traballos que abordan a traxectoria do Seminario de Estudos Galegos (SEG) tanto desde a súa produción científica e incardinación no ámbito galego da época, como da súa comparación con outras institucións de alta cultura de ámbito peninsular ou europeo. Na presentación, Henrique Monteagudo destacou a capacidade innovadora do SEG por introducir novos procesos de traballo e de relación na universidade menos xerárquicos, a "visión orgánica do país e o feito de que era a primeira vez que se empregaba inequivocamente o galego para o nome dunha institución". Por outra banda, Ramón Villares destacou a significación do SEG no seu momento e ata hoxe, como unha "ruptura xeneracional e cultural" e no alento internacional deste tipo de institucións. No volume participan investigadores coma o propio Ramón Villares, o finado Justo G. Beramendi, Alfonso Mato, Uxío-Breogán Diéguez, Xerardo Pereiro, Oscar Penín, Susana Reboreda ou Miguel Anxo Seixas, entre moitos outros. O volume pode descargarse de balde no web do CCG.
20,00 € 20.0 EUR