Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
ROSALÍA DE CASTRO (Conto ilustrado) - VVAA
Chega a nova colección de Cumio que homenaxea a figuras importantes da nosa cultura. Os MIUDIÑOS de Cumio escritos por Alba De Evan e Xabier Domínguez, achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. As ilustracións desta colección de Miudiños veñen da man dunha das ilustradoras do momento no noso país: Bea Gregores. A través desta colección, os máis pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida de alguén, da súa personalidade, gustos ou do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Este álbum encadernado en rústica con acabado natural leva tamén un deseño especial coa encuadernación suíza. Perfecto para: -Traballar na casa a lectura breve e rimada. -Achegar grandes figuras da nosa cultura aos mais pequenos. -Traballar na aula coas grandes figuras das letras e da arte.
14,96 € 14.96 EUR
NON TE AMOLA - Xela Arias
A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso.
20,30 € 20.3 EUR
ANIMALES FANTÁSTICOS - José Jorge Letria e André Letria
Un recorrido por los iconos de la mitología y las creencias populares, desde el Centauro al Hombre Lobo, pasando por el Unicornio o la Esfinge, entre otros. Sueños y miedos que perviven a través de los siglos.
16,00 € 16.0 EUR
27 HISTORIAS PARA TOMAR SOPA - Bernasconi
Aínda que á sopa lle falte sal, sempre a poderemos facer máis apetecible contando unha historia. E se son 27, moito mellor.
14,00 € 14.0 EUR
OS PANTALÓNS DE LUISA - Susanna Isern e Esther Gili
Luisa era unha nena valente que, desde ben noviña, loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres. Viviu nunha época na que as mulleres debían levar saia, a pesar de que en moitas ocasións fose incómoda e non lles permitise moverse con liberdade. Luisa decidiu cambialo; a solución era tan doada como pór uns pantalóns, pero estiveron todos de acordo coa súa decisión
15,90 € 15.9 EUR
A SEREA DO MUNDO - Encarna Otero
Fermoso álbum con textos de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard
17,60 € 17.6 EUR
A VIAXE DE ANA - Alberte Momán
Un libro fermoso nacido da imaxinación de Alberte Momán e adobiado coa cor e a fantasía de Lidia Nokonoko. Unha fábula chea de luz que nos conta que o importante non é o que parecemos, senón quen somos en realidade.Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daquela, volve, e cóntallo á avoa.
18,20 € 18.2 EUR
AS FILLOAS DE MANOLA - R. Peralta e Blanca Millán
Chovía a cachón, e as nubes eran tan negras que non deixaban pasar o sol. Ía un frío que metía medo, e a avoa Manola estaba cansa de estar coas galiñas e de sachar nos regos. Só quería unha boa cea de filloas, mais as visitas non paraban de chamar á porta para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo.



Será quen de gozar das súas filloas preparadas a carón do lume?

17,00 € 17.0 EUR
A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN - Eva Mejuto e Bea Gregores
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
17,50 € 17.5 EUR
ANALFABETA - Érica Esmorís e Dani Padrón
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
AS ESTACIÓNS - Margarita Del Mazo y Cecilia Moreno
Un libro de rimas para descubrir as estacións. Con este libro escrito por Margarita do Mazoe ilustrado por Cecilia Moreno, os máis pequenos descubrirán as cores, a natureza e as actividadesde cada estación do ano.
9,00 € 9.0 EUR
AMADEUS MOZART- Javier Alonso e Wuji House
Para Mozart, la música fue más que una pasión. Desde muy pequeño se dio cuenta de que estaba destinado a ella: tenía un oído finísimo que le permitía transcribir canciones después de escucharlas tan solo una vez. Y lo mejor: tenía una imaginación desbordante que le hacía componer sin parar. Mozart aprovechó este don y, trabajándolo con esfuerzo y dedicación, se convirtió en un compositor sin igual, autor de más de 600 obras y admirado en todo el mundo y hasta nuestros días.
9,90 € 9.9 EUR
A NAVE DOS FATOS - Ana G. Lartitegui
Un «rapaz moi listo» vive nunha cidade de parvos e, claro, abúrrese moito. Unha boa mañá, para superar ese aburrimento, decide gastar unha broma ao seu veciño: planta unha tomateira nunha xerra e engade esta misteriosa mensaxe «Tomates chegando a trece, quen conta desaparece». A partir de aí, encadéanse múltiples sucesos nos que a planta irá pasando de man en man nunha delirante e accidentada viaxe.
21,90 € 21.900000000000002 EUR
AS AVENTURAS DE PINOQUIO - Gianni Rodari (Trad. Leandro García e Ilust. Maruxa Caeiro)
“Velaquí comezan as aventuras de Pinoquio, as súas travesuras, monicreque famosísimo polo seu nariz longuísimo”. Así inicia Gianni Rodari a súa especial homenaxe a un dos personaxes máis senlleiros da literatura universal, onde atoparemos os personaxes que Collodi imaxinou, o boneco de madeira, o seu creador Geppetto, o Tragalumes, a fada Turquesa, o mastín Alidoro, o Grilo..., a través da xenial e divertida pluma do “gramático da fantasía”.
16,40 € 16.4 EUR
ANIMAIS - Antonio Rubio e Óscar Villán
«Animais» reúne unha amigable e heteroxénea sucesión de fauna silvestre e salvaxe. «Froitas» contén unha escolma de saborosos alimentos procedentes das súas respectivas árbores. Son os novos títulos da colección Do berce á lúa. Os seus destinatarios son nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente
estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado
para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada
na busca dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar
o oído? do pequeno lector, como explica o seu autor, Antonio Rubio.
9,50 € 9.5 EUR
A MELLOR SOPA DO MUNDO - Sussanna Isern e Mar Ferrero
Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola. Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.
14,90 € 14.9 EUR
ALCALDESA VERMELLA - El Hematocrítico
Un relato que explica que a sociedade non se constrúe abase de desexos, senón coa colaboración de todos e todas.

Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do bosque un lugar mellor.Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do bosque un lugar mellor.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
FROITAS E VERDURAS - Joli Hannah
Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras cn Marga e Antón e poñelos en práctica. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números.
Atréveste a plantar tomates na túa casa ?
Se non tes unha horta a man podes transpantalos a testos máis grandes. A divertirse !
15,80 € 15.8 EUR
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA - Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch
Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
16,00 € 16.0 EUR
A ÚLTIMA FRONTEIRA - Cecilia Heikkilä
Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobre unha viaxe planificada desde hai moito tempo a un lugar moi especial. È unha celebración da aventura, a natureza e un vínculo especial entre un avó e o seu neto. Este libro explora sen moralismos a necesidade de protexermos e preservarmos os espazos salvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustracións impactantes cheas de cores e texturas rechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilla das vastas paisaxes naturais. Descrición O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal. Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo? Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.
17,50 € 17.5 EUR
NÓS ESTAMOS AQUÍ - Oliver Jeffers
Nós estamos aquí, apuntamentos para vivirmos no planeta terra é unha das obras imprescindibles de Oliver Jeffers. En este libro Oliver cóntalle o seu fillo de dous meses como é o lugar onde vivimos, un mundo as veces desconcertante, máis ainda cando acabas de chegar a el. Nesta guía que comeza no espacio, pasando polo planeta, as persoas, o clima... fai un fermoso percorrido que nos fará entender como é o lugar onde vivimos e a importancia de coidar del.
16,00 € 16.0 EUR
APALPADORA - Antía Vázquez Figueiras e Patri De Pedro
Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.
16,00 € 16.0 EUR
A RATIÑA PRESUMIDA - Bata
Todos os animais querían casar coa ratiña, pero ningún era o que ela buscaba... Unha versión do conto popular adaptado ao sistema de pictogramas.
14,00 € 14.0 EUR
BRUNILDA E BRUNILDO - Ánxela Gracián e Jessica Mera
Conto infantil no que a ra Brunilda ten que abandonar o seu fogar coa súa nai porque a súa charca secou no verán. A pequena protagonista terá que enfrontarse ao sentimento de perda dos seus compañeiros e adaptarse a un novo entorno. Unha soidade compartida por Brunildo, un novo amigo co que establece amizade sen sequera verse, pois sepáraos un muro, pero comparten moitas inquedanzas e ambos botan de menos o seu fogar e os seus amigos... os mesmos sentimentos e as mesmas paixóns fan que decidan quedar para verse en persoa e descubrir que en realidade son unha ra e un grilo... tan diferentes por fóra pero tan semellantes no seu interior.
15,00 € 15.0 EUR
A FRAGA DAS AVOAS INVISÍBEIS - Claudia Castro / Yolanda López
Conto infantil no que a ra Brunilda ten que abandonar o seu fogar coa súa nai porque a súa charca secou no verán. A pequena protagonista terá que enfrontarse ao sentimento de perda dos seus compañeiros e adaptarse a un novo entorno. Unha soidade compartida por Brunildo, un novo amigo co que establece amizade sen sequera verse, pois sepáraos un muro, pero comparten moitas inquedanzas e ambos botan de menos o seu fogar e os seus amigos... os mesmos sentimentos e as mesmas paixóns fan que decidan quedar para verse en persoa e descubrir que en realidade son unha ra e un grilo... tan diferentes por fóra pero tan semellantes no seu interior.
15,00 € 15.0 EUR
BIM BAM BUM - María Girón
Unha disparatada aventura de amizade e un divertido xogo cos nomes e cos sons.

Este XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é unha obra fresca e divertida que amosa a cara máis lúdica da infancia, unha etapa na que a amizade e a felicidade son compoñentes esenciais. Tanto no texto como nas ilustracións están presentes de forma harmónica o xogo, a liberdade, o movemento, a experimentación fonética e o humor.

O relato, sinxelo e musical, apóiase en recursos da tradición oral como os acumulativos e as repeticións, unidos a xogos fonéticos propios das vangardas.Conta cun ritmo vibrante que anima a continuar a súa lectura ata o final. Plasticamente destacan as imaxes de trazo libre que xogan co espazo e coas cores.
17,00 € 17.0 EUR
A QUE SABE A LÚA? - Michael Greiniec
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela...Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ?Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela?, díxolle ao elefante

16,50 € 16.5 EUR