Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
SUPER PATACA - Viaxe á idade media - Artur Laperla
Esta mañá, Superpataca atópase cunha sorpresa desagradableàos seus músculos, dos que estaba tan orgulloso, desapareceron durante a noite! No laboratorio Córtex, o profesor Rosa explícalle que os efectos dos raios moleculares desaparecen co tempo. Pero non pasa nada, porque o profesor ten unha misión para el: fai días que a profesora Catión atravesou o portal temporal e aínda non volveuàpara dar con ela, Superpataca viaxará ata a Idade Media!
10,00 € 10.0 EUR
EL MONSTRUO DE COLORES - Anna Llenas
El éxito de ventas ahora convertido en un maravilloso desplegable! Un regalo perfecto para cualquier niño/a. ¿Alguna vez os habéis hecho un lío con vuestras emociones? Pues eso mismo le ha sucedido al monstruo de colores, que deberá aprender a poner en orden la alegría, la tristeza, la rabia, el miedo y la calma. Con es te magnífico álbum ilustrado y sus expresivas ilustraciones, vuestro hijo podrá identificar con facilidad las distintas emociones que vive durante el día.
24,90 € 24.900000000000002 EUR
CUENTOS ILUSTRADOS JAPONESES - Teresa Peirce Williston
Una cuidada selección de los cuentos japoneses más célebres narrados con delicadeza y encanto para deleitar tanto a pequeños y como a grandes lectores. La presente edición reúne las dos antologías de relatos nipones escritas por Teresa Peirce Williston en 1904 y 1911, respectivamente, e ilustradas a todo color por Sanchi Ogawa. Toda la imaginación, la poesía y la magia de Japón se encarnan en esta colección de cuentos que han sido atesorados durante cientos de años por los niños japoneses sin perder un ápice de su cautivadora belleza.
22,00 € 22.0 EUR
BONECAS - Raquel Castro
PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2024
Á tenda de Xurxo, Xoguetes e brinquedos, chega Lois, un xoguete moi especial: un robot dotado dunha intelixencia superior, que non quere pertencer a ninguén. Alí atoparase con Lara,
a boneca chorona, e con Filipa, a boneca cantareira, que desexan coñecer mundo e deixar de estar pechadas nun escaparate. Chegarán os nosos inventos a superarnos en intelixencia e sentimentos ata o punto de vivir pola súa conta?
12,80 € 12.8 EUR
O LADRÓN DE FOLLAS
«Será Esquío capaz de descubrir quen lle rouba as follas » Esquío goza dun fermoso día cando descobre que unha das follas da súa árbore desapareceu repentinamente. Non está por ningún lado! Decide entón recrutar a axudado seu veciño e amigo, Paxaro, para resolver o misterio e descubrir ao ladrón.
16,95 € 16.95 EUR
INVENTARIO DE BRUXAS DA AVOA MARUXA - Ramón D. Veiga e Isabel Muñoz
Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun humor brillante; con peor talante mais ao final todas se facían querer. Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño. Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que que gañou, mudouse a un balneario. Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén un pouco bruxa?
14,96 € 14.96 EUR
MAIOS E DESMAIOS - Ramón D. Veiga e Iván R.
Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, e danlle a benvida celebrando a festa dos Maios. Grazas a un programa de televisión, coñecen a Toxina, unha nena alérxica ao pole que vive nunha fraga onde festexa os Maios dun xeito un tanto particular. Quen gañará este ano o premio ao maio máis orixinal
14,50 € 14.5 EUR
AS EMOCIÓNS - Alice Le Hénand e Thierry Bedouet
Os protagonistas deste libro teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia.
13,30 € 13.3 EUR
DIARIO PARA FAMILIAS MODERNAS - Juegos, actividades y otras propuestas para disfrutar juntos - María Regueiro
íNO HAY NADA COMO ESTAR EN FAMILIA!

Pero, a veces, entre las obligaciones, las extraescolares y los imprevistos nos cuesta encontrar tiempo para, sencillamente, estar juntos. Este libro es la mejor excusa para pasar un buen rato en familia y jugar, crear o imaginar a través de sus divertidas actividades. Lo importante es disfrutar sin interrupciones de la compañía, de la magia y de las risas que surgirán de estas páginas.ESPERAMOS QUE ESTE DIARIO OS REGALE MUCHOS MOMENTOS FELICES.
11,95 € 11.950000000000001 EUR
UN CARNAVAL MOI ANIMAL - Susana Peix e Roger Zanni
No parque íase celebrar o Carnaval. Todos os animais estaban emocionados ao saberen que celebrarían unha festa de disfraces. Todos agás o rinoceronte, que lles dixo que non iría.

-O rinoceronte non pode perder a festa -dixeron.

-Sera´ moi divertida! Teri´an que facer algo...

O apoderamento é a capacidade de lograr unha transformación ante unha situación de vulnerabilidade e, nalgunhas ocasións, é necesaria para facerlle fronte aos costumes e ao xeito habitual de se relacionar coa contorna. O poder de decisión e o valor son esenciais para conseguir o cambio.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
LA COCINA DE DIBUJOS - Hervé Tullet
Parecido a Destroza este diario, neste libro atoparás un espazo para desfrutar e imaxinar cociñando debuxos!
14,95 € 14.950000000000001 EUR
O CARNAVAL DOS ANIMAIS - Camille Saint-Saëns
«O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos
composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns
nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística
?a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas
cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can?
pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os
personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes,
galiñas, canguros? Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo
seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas.
16,00 € 16.0 EUR
MI DIARIO "TOP SECRET" DE EMOCIONES - Susaeta
¿Tienes ideas geniales e importantes secretos que necesitas guardar a buen recaudo Escríbelos en tu diario TOP SECRET EMOCIONES, lleno de graciosas ilustraciones y en el que podrás anotar todo lo que se te ocurra sobre tus estados de ánimo utilizando el bolígrafo mágico: ¡nadie los descubrirá nunca!
9,95 € 9.950000000000001 EUR
A VIAXE DO FACHO OLÍMPICO - Margarita del Mazo e Ana Zurita
«Os animais da granxa queren celebrar as Olimpíadas, pero primeiro terán que traer o Facho Olímpico!» No val das Montañas do Norte hai unha granxa onde nunca pasa nada, pero cando os animais que viven alí decátanse de que son as Olimpíadas, organizan os seus propios Xogos Olímpicos. Para conseguilo necesitan acender o Facho e, o máis importante, levala ata o val sen que se apague! Cabalo, Burro, Vaca… Todos tentan levar o Facho desde o cume máis alto ata a granxa, pero non está a ser unha tarefa fácil. Ratiño quere falar e os demais animais non lle deixan. Quen conseguirá traer o Facho ata a granxa Terá Ratiño unha idea Poderán celebrar os Xogos Olímpicos
15,95 € 15.950000000000001 EUR
PERO QUE TERÁ TOMASA? - Gracia Iglesias e Sara Sánchez
"Semellaba despistada,distraíase cun nada! Suspiraba todo o díae ninguén a comprendía". Tomasa está distraída, compórtase de modo estraño, perde as cousas, chora e ri ao mesmo tempo, non dorme pola noite, soña de día... Os seus amigos pregúntanse: Que lle pasa a Tomasa Un divertido conto rimado que fala de sentimentos que todos tivemos ou teremos nalgún momento da vida.
15,00 € 15.0 EUR
TÍO LOBO - Xosé Ballesteros e Roger Olmos
14 años después de su primera edición, Roger Olmos ha vuelto a recrear este cuento tradicional italiano, de inesperado final. Una propuesta desenfadada con un estilo luminoso y brillantes juegos visuales que sorprenderán a los lectores.
14,00 € 14.0 EUR
OS NOVOS VECIÑOS - Tony Neal e Michael Genhart
«A chegada duns novos veciños desestabiliza a calma da veciñanza.» Cando uns extravagantes flamencos chegan novos ao barrio, a veciñanza desestabilizarase e as aves que viven alí negaranse a aceptalas. Os pelícanos patrullarán de día e pola noite farano os reiseñores. Como poden pasearse con esa extravagancia Tras unha reunión, todas as aves da veciñanza irán a casa dos flamencos con intención de botalos sen coñecelos sequera. Que pasará cando cheguen
15,95 € 15.950000000000001 EUR
DÉIXAME EN PAZ! - Alicia Acosta e Marisa Morea
«Tuco e Tico aprenderán a importancia da comunicación.» Tico e Tuco son dous monos que teñen en común a árbore no que viven e os seus veciños. Pero mentres Tuco é un mono realmente tranquilo, Tico é un mono realmente inquieto e ao que lle gusta armar balbordo! Poderá esta amizade superar as súas diferenzas.
15,50 € 15.5 EUR
MARCELIÑA NA COCIÑA - Gracia Iglesias e Sara Sánchez
A jirafa Marceliña, que non sabe de cociña, quere facer unha gran cea que lle guste á súa sobriña. Xa podedes imaxinarvos a lea que se vai a armar! Os seus amigos aconséllanlle mil cosas disparatadas e a cea convértese nunha festa aloucada. Ai, querida Marceliña! Que desastre de cociña! Como o vas a arranxar E que imos cear ! Divertido álbum ilustrado en rima no que Marceliña, co seu bo corazón, disponse a cociñar sen querer pasar por alto as recomendacións dos seus veciños e amigos
15,95 € 15.950000000000001 EUR
ANA E A LÚA LUEIRA - Toño Núñez
Na beira do mar.
No canto da praia.
Nunha casiña branca.
Unha nena vivía.
A nena tiña medo.
Porque un ogro comela quería.
Mais...A nena tiña unha amiga.
Que no alto vivía.
Era lúa lueira.
Que de nai ela facía.
Porque a nena mariñeira.
A pobre, nai ela non tiña.
14,35 € 14.35 EUR
CANTAREAS DO FARO - Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas (inclúe CD)
Cantareas do faro é un libro-disco que contén unha ducia de poemas escritos por Miguel Anxo Romero, ilustrados por Leandro Lamas e musicados pola pianista Bárbara Mourelo.
20,00 € 20.0 EUR
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA - Troula animación
Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos.

Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, curmás, curmáns, tíos, tías, marcianos, ratos, ras, vacas, insectos voadores, astronautas, gaiteiras, pallasos, mecánicas…, xentes de aquí e de acolá, xentes do mundo!!!
Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, norte, sur, este, oeste, de baixar, subir, brincar e rebrincar prazas, rúas, auditorios, teatros, e incluso concertos intercibernéticos… aquí seguimos batallando, rebentando coa nosa forma particular de ver o mundo, a música e a cultura… E estamos aquí de novo para vos amosar ese mundo imaxinario no que viaxamos… ese mundo cheo de tolemias, de viaxes, chimpos e soños…, para vos amosar…EEEEIIIIII CARBALLEIRA!!!, cargadiño de temas para cantar, bailar e alegrar o corazón, pero tamén nesta ocasión, de contos en banda deseñada.

Como sabedes, Uxía Lambona e a Banda Molona somos Serghaño, Roscón, Ñoc, Pali, Abraham e Uxía, e ides atoparnos no cómic, claro!, pero con nós está sempre Javi, o técnico de son, que fai un traballo xenial…, e ao que normalmente non vedes.

Pois… tedes un reto: hai que atopar a Javi en cada un dos cómics!, e siiii!, está en todos! Veña, “onde está Javi?”. Agardamos que vos guste, que nos acompañedes nesta particular viaxe e que compartades momentos cargadiños de sorrisos!!!

TEMAS
01 – Intro
02 – Eeeeiiiii…carballeira !!
03 – Máis galego
04 – Odessa
05 – Xirarei now
06 – Martiño “ Pelegrín”
07 – Camposa de San Xoán
08 – Ibo
21,95 € 21.95 EUR
CONTOS TRADICIONAIS (Bierzo, L. Lacana e Cabreira)
Estes CONTOS TRADICIONAIS, recollidos no Bierzo, na Ll.aciana e na Cabreira, e transcritos nas linguas en que foron transmitidos (galego e leonés), son unha mostra vivaz da riqueza lingüística e literaria destas terras. Para o seu maior espallamento tamén se acompañan da súa tradución ao castelán.
A este pequena antoloxía únea o mundo dos animais, verdadeiros personaxes de todos os contos.
Tanto a antoloxía, como a tradución ao castelán e a edición literaria foron realizadas polo maior coñecedor da literatura oral destas comarcas, Aquilino Poncelas.
15,00 € 15.0 EUR
A GRAN FINAL - VVAA
A GRAN FINAL pretende pór a rodar a creatividade entre o talento que se exerce coas mans e o que se practica cos pés. A modo de regueifa narrativa organizamos este partido entre os contos inéditos e as contas, que relatan, botan, ou mesmo saldan, quen viviu de primeira man a relación co deporte rei dende a práctica profesional, o xornalismo deportivo ou a cultura. Once contra once, na que ambos equipos saen con todo e ao ataque. Un 3-4-3 sen concesións ao rival.
20,00 € 20.0 EUR
OS FILLOS DO VENTO - Contos tradicionais xitanos
Os fillos do vento é unha antoloxía de contos tradicionais xitanos. Esta escolla só tenta mostrar o talento como contadores que ten o pobo xitano, e a súa intensa e variada literatura oral, espallada polas máis diversas culturas e por múltiples territorios.

Hai certos contos que se poderían incluír no patrimonio oral de moitos outros pobos, sendo o exemplo máis claro O barqueiro xitano. Porque hai un fondo común de moitas narrativas e porque o pobo xitano sempre libou en todas as culturas.

A escolma desta edición ten como protagonista case sempre ao pobo xitano, e a súa historia, a perfección e a superioridade da raza, a intolerancia da que son vítimas, as profesións, a música, a antipatía polo traballo e o aprezo pola liberdade ou o antimilitarismo, a hospitalidade…
10,00 € 10.0 EUR
CARNAVAL RURAL - Cuentos Infantiles
Mari Trapu, Hartza, joaldunas, zakuzaharras, damas, momotxorros, zipoteros ... Estos son algunos de los personajes del carnaval rural. Pero, ¿quiénes son? ¿Qué significan? Al igual que otros seres mitológicos, forman parte de los personajes, mitos y leyendas que componen nuestra cultura ancestral. A lo largo de la historia, nuestros antepasados se han basado en la mitología para explicar los diferentes fenómenos que ocurren en la naturaleza, en el entorno y hasta en el mundo. Estos conocimientos e historias han llegado de boca en boca hasta nuestros días, y con este libro también se quiere seguir transmitiendo ese patrimonio cultural.
19,50 € 19.5 EUR
TRIÁNGULO VERMELLO - Carme Vidal
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. A súa biografía é unha lección de vida, de solidariedade e compromiso coa liberdade e a xustiza. A súa herdanza, unha vacina contra o fascismo. «O triángullo vermello» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. Unha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.
16,50 € 16.5 EUR
ABECÉ DIARIO - Raúl Vacas Polo
29 poemas de la A hasta la Z. Don Gato, el Conde Helado, i de intriga, la Bella Durmiente... Juegos de palabras, trabalenguas, historias breves en verso, escenas sorprendentes, palabras a medio escribir y otras descolocadas. 29 poemas para disfrutar inteligentemente del lenguaje y sus infinitas posibilidades.
10,50 € 10.5 EUR
PERDIDO? - Oliver Jeffers
Resumo: Que pasaría se un dia che aparece un pingüín na porta da casa? Esta é a historia dunha relación insólita entre un neno e un pingüín e a súa viaxe ata o polo sur na busca da natureza da amizade. Crítica e enfoque pedagóxico: Coas ilustración poderosas de Oliver Jeffers, este libro reflicte sobre o concepto de amizade e como esta non entende de razas nin especies. Cunha ilustración poderosa, Jeffers atrapa ás lectoras de todas as idades por unha viaxe desde unha vila remota ata o polo cruzando océanos e trebóns. Ao final da viaxe, a aprendizaxe máis importante:... home... non cho imos contar, que tes que lelo!
14,90 € 14.9 EUR
A CASA DA MOSCA CHOSCA - Eva Mejuto e Sergio Mora
Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais, e sen embargo...
14,00 € 14.0 EUR
CHIBOS E CHIBÓNS - Olalla González e Federico Fernández
Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.br> Un día viron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que argallar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física...
14,00 € 14.0 EUR
LÚA E O PAXARO - Maria del Carmen Rey Núñez
Lúa é unha nena despistada e, segundo coidan os pais, desobediente. Raro é o día que non a castigan no cole. A hiperactividade que padece e ninguén lla detecta, impide que o seu maxín se centra nos estudos ou en cousas do cotián.

Porén, grazas á axuda dun paxaro que acaba de aterrar cabo dela e asegura chamarse don Tomás, a realidade, de aquí en diante, promete ser ben distinta. Vexamos, pois, como se desenrola a historia da Lúa e o paxaro.
12,00 € 12.0 EUR
APRENDO LOS NÚMEROS CON LOS MONSTRUOS
Además de descubrir los números del 1 al 5 con unos simpáticos monstruos, Este set que contiene un total de 3 puzles de tres piezas cada uno, es ideal para desarrollar la motricidad y la observación. Un conjunto realmente bonito, entretenido, que acerca a los niños a la literatura infantil por medio de distintas experiencias sensoriales e Ideal para empezar a manejarse desde unos 18-24 meses. .

15,95 € 15.950000000000001 EUR
SEI CANTAR E SEI BAILAR - Eva Mejuto e Lucía Cobo
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.
15,50 € 15.5 EUR
O LIBRO DOS CUS - Eva Manzano e Emilio Urberuaga
Non coñecemos os cus. Neste libro divulgativo descubriremos a súa historia, falaremos dos cus humanos e dos cus do mundo animal, dos tipos de cus, e das cores que poden chegar a ter! Sabías que ter cu vólvenos máis intelixentes Oíches falar dos cus catapulta Non hai un cu igual a outro, por iso é importante coñecelos ben.
16,90 € 16.9 EUR
GATO CONO - Sarah Howden
Un día, o pobre Jeremy esperta no veterinario cun cono xigante arredor da cabeza. Este cono provócalle unha crise existencial momentánea que o converte no torpe e cheirento GATO CONO. Todo é terrible ata que o cono pasa a convertirse nun instrumento para lamber os últimos restos dos cereais na mesa do almorzo. Con ese cono na cabeza, a natureza de GATO CONO cambia e convértese nun novo gato que agora pode facer moitas cousas que o vello Jeremy non podía. Pode cazar arañas con facilidade, recoller o recheo do sofá e disfrazarse de bol para roubar unha bola de xeado nunha festa de aniversario. Cando llo quitan ao día seguinte, Jeremy comeza a estrañalo. Terá outra oportunidade de volver gozar dos trucos que facía como GATO CONO? Non lle levará moito tempo descubrilo... Este é un libro divertidísimo que, con ilustracións e textos enxeñosos, fainos pensar sobre a importancia de sabermos que ás veces, situacións terribles poden ter o seu lado positivo, e aínda que non o pareza, calquera gatástrofe ten a súa solución.
15,90 € 15.9 EUR
O ARRECIFE DE CORAL - Radka Piro
Peixes de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... son estes todos animais que viven no arrecife de coral. As mornas augas tropicais garantes o alimento e as fendas dos arrecifes, un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral. Bota unha ollada nas físgoas e descubre onde se agocha cada animal.
15,35 € 15.35 EUR
AVOAS E AVÓS
Coa Avoa todo é posible.
Co Avó todo é posible.
Ela atopa tesouros nos seus petos.
El adiviña os meus soños.
O avó fala con tenrura.
A avoa abraza con dozura.
Na terra ou nas alturas
O seu cariño perdura.
16,00 € 16.0 EUR
¡OH! UN LIBRO CON SONIDOS - Hervé Tullet
Este es un libro con sonidos: no tienes más que apretar con el dedo y hacer que suene! De la mano de Hervé Tullet nos adentramos en el mundo de los sonidos, aprendemos a dar un significado a una figura abstracta, empezamos a comprender la música.

15,00 € 15.0 EUR
UN LIBRO - Hervé Tullet
Con este divertido libro te lo pasarás en grande si sigues sus instrucciones. Haz lo que él te diga y verás... Con él los niños van a aprender lo bien que te lo puedes pasar leyendo un libro!

16,00 € 16.0 EUR
POLO CAMIÑO - Mariana Ruiz Johnson
Andando polo camiño,
con cacahuetes e uvas,
xa chega mamá elefanta
xunto á elefantiña: UNHA ...
"Polo camiño" é un poema-canción infantil que desprende
ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos
animais -dende elefantes a ratos, bechos e osos- que marchan
ao ritmo dos versos octosílabos, marcando unha progresión
numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes
ata chegar a un sorprendente e festivo destino.

12,00 € 12.0 EUR
POLO MAR SALGADO - Nieves García e Marina Gibert
Un novo acartonado con texto rimado para coñecer os mares e os seus habitantes.
A noite e os soños ofrecen a grandes e pequenos unha marabillosa oportunidade para vivir aventuras compartidas. Nesta ocasión, unha viaxe extraordinaria pola superficie e polo fondo dos mares. Polbos, linguados, atúns ou sardiñas serán os nosos compañeiros de xogos nocturnos acompañados da lúa.
Nos versos rítmicos e sonoros de Nieves García, gran coñecedora da tradición poética, resoan os ecos de Lorca, Guillén, Alberti ou Miguel Hernández e son un vehículo ideal para transmitirlles aos prelectores e prelectoras o gusto pola palabra iniciando o seu camiño no itinerario lector. As imaxes vivas e coloridas de Marina Gibert completan esta proposta ideal para nenos e nenas de dous anos en diante.
12,00 € 12.0 EUR
CANTACONTOS DE NADAL
Un cofre en cartoné que inclúe catro historias tenras e divertidas: Voa, voa, estrela. Baseado na panxoliña “Vuela, vuela, esa estrella”. Carmela e o seu burrico. Baseado na panxoliña "Burrito sabanero”. A festa dos pastores. Baseado na panxoliña "El rock de los pastores”. O nariz de Rodolfo Baseado na panxoliña “Rodolfo el reno”.

18,95 € 18.95 EUR
VILA PASPÁN - Rodrigo Cota e Fernando Tomé
Vilapaspán é unha aldea asombrosa, curiosa e misteriosa. Escrita por Rodrigo Cota e ilustrada por Fernando Tomé.

15,40 € 15.4 EUR