Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

ALDARA - A lenda do corvo branco - Inés Vázquez
Un misterio que ameaza a vida tranquila dunha aldea afastada no medio do bosque , uns personaxes envelenados polo seu pasado e unha maldición xurdida na natureza .
22,00 € 22.0 EUR
HEARTSTOPPER (GAL) - Alice Oseman
O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos. Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está máis interesado no Charlie do que calquera deles pensa. Este é o primeiro volume da serie best-séller HEARTSTOPPER escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
HEARTSTOPPER 2 (GAL) - Alice Oseman
O Nick e o Charlie son mellores amigos. O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia... e sobre si mesmo. Este é o segundo volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
ADIVINA LOS BEATLES - Isabella Godel e Daniel Godel
Adivina Los Beatles, 65 canciones ilustradas en forma de acertijo que representan 65 canciones de la discografía de los cuatro de Liverpool. ¿Serás capaz de adivinarlas?

Has oído hablar de Los Beatles. Has escuchado su música y probablemente te guste o te intrigue, porque te estas fijando en un libro que tiene su nombre en grande en la portada. Tal vez simplemente sientes curiosidad o eres superfan y sabes que normalmente solo se suele hablar de Yesterday, de Here Comes the Sun y de Yellow Submarine. Pero el cuarteto de Liverpool grabó más de 200 canciones, cada una con su historia, su letra y su sonido particular. ¿Dónde aparecen personajes como Father McKenzie o Henry the Horse? ¿Sabrias reconocer cada canción a partir de un dibujo?

Este no es solo un libro-juego, encontrarás un montón de datos sobre la formación de la banda, su trayectoria y curiosidades sobre sus canciones.

En cada acertijo ilustrado te invitamos a descubrir la historia de Los Beatles y a poner a prueba tu conocimiento de su discografía mediante un juego, en realidad te proponemos varias formas de jugar con diferentes niveles de dificultad. Son 65 acuarelas para 65 canciones y todo el fascinante universo de la banda más famosa de la historia: ¿te atreves a adivinar?
20,00 € 20.0 EUR
CASTELAO - O pobre tolo - Inacio e Iván Suárez
Primeira entrega de oito, esta serie aborda a biografía do intelectual e político Daniel A. Rodríguez Castelao. Excelentemente ambientada e documentada, sinxela e ao tempo narrativamente ambiciosa, este tratamento da vida dunha das grandes figuras na cultura e a historia galega non ten precedentes en dimensión e calidade.

Neste volume da excepcional serie biográfica sobre esta gran figura da cultura e da historia galega coñecemos un Castelao no desterro político, exercendo de funcionario en Badaxoz, en 1934. Alí coñece outros galegos e interésase pola situación social en Estremadura. Vivindo entre a morriña e as escapadas a Portugal, nunha das súas viaxes atopa un libro que marcará a súa vida nese momento, unha etapa fundamental para entender moitas das súas ideas.
12,00 € 12.0 EUR
CASTELAO - Máis alá - Inacio e Iván Suárez
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa. Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.
12,00 € 12.0 EUR
MAS FUTVOL POR FABOR - Leandro Barea
Páxinas a todo cor que recopilan as viñetas e intervencións urbanas menos lamentables de Leandro Barea.
14,90 € 14.9 EUR
BASTA! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) - María Kronsky e Marion Le Muzic

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física... En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
18,00 € 18.0 EUR
HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023) - César Cequeliños e Jorge Campos
O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña.
19,95 € 19.95 EUR
A LINGUAXE DAS PLANTAS - O seres más fascinantes do planeta - Helena Harastová
Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos? Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, comunícanse de xeitos que quen nos dera aos humanos!
20,00 € 20.0 EUR