Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
ALÉN DA NÉBOA - Pedro Rodríguez Villar
Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza? Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e decide apuntarse a un novidoso programa de doazóns de felicidade a través do que consegue toda a alegría de Lucky a cambio da súa tristura. Ledicia naceu en Baroña, unha aldea illada por unha densa néboa onde todos deben medrar felices para poder salvar os seus deuses abatidos. Escudriñando as vidas de Ledicia e de Mario descubriremos unha sociedade que, como a nosa, loita por curar a súa tristeza e ansiedade, pero... a que custo?
15,50 € 15.5 EUR
UN ANARQUISTA - Diego Ameixeiras
Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os praceres da vida. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente que o arrastrará ata o caso Scala. Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia da Policía. Queda unha pregunta: quen era Miguel Duarte?
17,50 € 17.5 EUR
A RÚA DAS PREGUNTAS - Xesús González Gómez
A mediados dos anos cincuenta os habitantes da vila saben gardar os segredos e agachar as verdades. Mais non poden evitar que desde distintas frontes se procuren resolver uns crimes e a identidade dos protagonistas dunha historia que Xesús González Gómez debulla entre preguntas, medos, silencios e manipulacións.
18,50 € 18.5 EUR
A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS - Eva Mejuto
Unha fermosa historia sobre unha nena e os libros da biblioteca do Pazo de Meirás.

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...
13,50 € 13.5 EUR
A SOMBRA DO MAL (Antoloxía do novo relato galego de misterio)- VV.AA.
Os relatos que conforman esta antoloxía xorden dun berce común: a sombra do mal. Desde ese ollar escuro, un total de vinte escritores debullan historias arredor do xénero negro, da intriga e o suspense. Un indixente que remata cunha pistola na man, uns estraños asasinatos a carón entre a realidade e a lenda, un triángulo amoroso saído de control ou un crime acontecido nun avión entre Londres e A Coruña e do que ninguén sabe nada son algunhas delas.

Unha lectura áxil e entretida coa que descubrir o misterio nestas novas voces.
21,90 € 21.900000000000002 EUR