Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

DESTINO SANTIAGO - Helder Rodrigues
Nun momento de crise persoal e laboral, Helder decide facer o Camiño de Santiago.
A súa ruta xacobea polo Camiño do norte está contada con humor e dinamismo, e co pouso de verdade da experiencia vivida.
Destino Santiago é unha ollada diferente e fresca sobre a peregrinaxe a Compostela
13,90 € 13.9 EUR
A ILLA DE SAN SIMÓN - Federico Granell e Luis Rei Núñez
Se logras facer dela un remanso, San Simón deberá ofrecerche un mergullo feliz en ti mesmo, só fai falta que te saibas deixar gañar pola súa placidez pequena. Con todo, tamén ten unha historia longa, e moitas vidas. A da vexetación. A das aves e animaliños. A monástica. A da arte das trobas. A do lazareto e os enfermos. A do campo de concentración e do presidio. A dos albergues. A da reconstrución... Ao cabo, coa viaxe a San Simón obterás o agasallo dunha fermosura única, quizais porque foi, é e será un consulado do Edén flotando na ría dos poetas.

30,00 € 30.0 EUR