TIRO LIBRE - Historias de deportee para falar de política - Julio Torrado
Como expresión pura do comportamento, o deporte evidencia de maneira núa como reaccionamos ante as tensións, os retos, os éxitos e os fracasos. Ocorre o mesmo na política. Esta reflexión serve de escusa para falar, dunha maneira distinta, liviá e en moitos casos anecdótica, das cousas que habitualmente quedan á marxe cando se fala de política no día a día. Dende unha visión intencionalmente provocadora, percórrese o camiño ordinario das contradicións dos partidos, as impurezas das decisións e as frustracións electorais para atopar, aí, as esperanzas que sobreviven.