RAZÓNS DE PESO - Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas - Andrea Nunes e Leticia Citoula (Coord.)
Este é un libro incómodo. Non foi escrito para agradar, senón para abrir espazo. Fala do peso que non marcan as básculas: o peso simbólico que cargan os corpos gordos e o peso político de habitalos. O peso das miradas, das humillacións e das violencias; mais tamén o das apertas, dos risos, da memoria e do desexo. Estas páxinas debuxan unha cartografía colectiva de carne, rabia e pracer que desafía a estreiteza de miras e cuestiona a lóxica do medo, do normativo e do hexemónico. Aquilo que o sistema quixo converter en vergoña transfórmase aquí en orgullo. Agora fica nas túas mans, para que tamén ti, sexas parte deste desbordamento.
Esta obra procura romper os estereotipos e prexuízos contra as persoas gordas, denunciar as violencias ás cales son sometidas, ao tempo que empodera e contribúe á creación de comunidade e sentimento de pertenza coa reivindicación alegre. Será o primeiro libro contra a gordofobia en galego, levando ao papel un movemento vivo nas redes sociais e no tecido asociativo.
Andrea Nunes (poeta) e Leticia Citoula (activista) son a coordinadoras deste libro e nel participan un total de 19 autorías con creacións que van da poesía á narración autobiográfica, pasando pola ficción, a colaxe, a música ou o ensaio breve. En concreto, participan:
Adriana Guede.
Ailén Kendelman e Areta Bolado, da compañía de teatro A Panadaría.
Alba Cobo.
Andre Bosque.
Andrea Nunes.
Andrea Rico Adega (Mané).
Angelly Ferreiro Silva.
Antonella Rodríguez Acosta.
Aranxa Vicens.
Iván Folgueira Pérez.
Leticia Citoula.
Lucía Aldao.
Magda Piñeyro.
María von Touceda.
Mercè Nebot Ventura.
Vanesa de Sousa García.
Vanessa Glemsel.
Violeta Maroto Romero.