PEQUERRECHO - Mireia Aleu
Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí sempe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse.
Pequerrecho é un canto ao divertimento e unha reclamación sen complexos de situaciónsabsurdas e disparatadas que poderían xurdir na vida real -e quizais haberá quen as teña vivido-. Esta entretida e provocadora historia ofrécenos, ao longo das súas páxinas, unha relación de disparidade entre a palabra e a imaxe, que coloca o lector ante situacións inverosímiles e
provoca unha dúbida final, que terá que ser resolta confrontando ficción e realidade.
Ante esta orixinal proposta, aparentemente lúdica e sinxela, o lector terá que tirar as súas propias conclusións tras unha coidadosa reflexión e segundo os seus criterios particulares, quizás co sentido común dun adulto ou coa inocencia dun lector en formación.