IRRACIONAIS - An Alfaya

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2798/image_1920?unique=9a4fc72
(0 reseña)

Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades. A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero. O slogan da páxina Web de Perfect Models: ôA diversidade sexual non é ningunha barreira, senón unha ponteö, sérvelles de cebo para captar a mocidade vulnerable; a Nave será o espazo creado para a experimentación, e Andrea, Marcia, Maxi, Gladis e Iván, converteranse nas súas cobaias. Mais, non estarán sós, pois os actos perversos dos tres instigadores sementarán sospeitas ao seu arredor. Conseguirán ser desenmascarados? ados?

15,50 € 15.5 EUR 15,50 €

15,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.