ENSAIOS SOBRE O EFÉMERO - Vítor Vaqueiro
Os relatos que compoñen Ensaios sobre o efémero—título que abana entre a ironía e a veracidade—fican marcados pola concisión e o intento de síntese, estruturados en tres agrupamentos—“Anais”,“Biografías”,“Relatorios”—que percorren unha ampla singradura ao longo da Historia protagonizados por personaxes ficticios e reais de variadas culturas, desde a Antigüidade clásica ata operarios da Terra Chá, de construtores de pontes sobre o East River a almirantas como Isabel Barreto, mitoloxías bíblicas, enganos e celadas.
Consideracións sobre a idea de Infinito ou de Dobre. Do Universo en resumo—a expresión é de Borges—e da confusa peripecia humana.