ELAS - Xulio Gutiérrez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/4011/image_1920?unique=d36627d
(0 reseña)

Non todas as especies viven en patriarcados. Neste libro descubrirás a relación que manteñen as femias dalgunhas especies con outros membros do grupo e como, en moitos casos, chegan a liderar a manda. Como unha femia moi nova chega a ser líder dunha manda de bisontes europeos Como aprende a cazar focas unha candorca grazas á súa avoa Como se sacrifica unha nai polbo para garantir a vida dos seus fillos Cando perde o lugar de líder unha femia de suricata e como debe reorganizar a súa vida a partir dese momento Por que as femias bonobo deben abandonar a súa familia cando son adultas Este libro relata algúns dos momentos máis relevantes na vida das femias de dezaseis especies do mundo animal. Os debuxos de Lucía Cobo compaxinan o rigor e a precisión do debuxo científico coas metáforas, a delicadeza e a poética da ilustración.

17,00 € 17.0 EUR 17,00 €

17,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.