DA TERRA QUE FOMOS - Edelmiro Méndez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/4141/image_1920?unique=2b6b7a0
(0 reseña)

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz na súa segunda edición revisada, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se con solidaría anos despois. A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen manti ñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo. O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc. Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e edi tor gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

35,00 € 35.0 EUR 35,00 €

35,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.