COGOMELOS - Cociña do bosque - Mariona Quadrada

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1846/image_1920?unique=25b930b
(0 reseña)

Este libro ofrécenos un repertorio de 104 pratos elaborados con cogomelos de todo tipo. Un abano de sabores e aromas de bosques outonais e prados de primavera. Atoparemos desde pastas, arroces, ensaladas, cocas, pasteis salgados até ovos, carne e mesmo peixes e mariscos. Como todas as propostas de Mariona que xa coñecemos, receitas fáciles de facermos na casa, con base clásica e toques de actualidade.

O libro foi prologado polo escritor e presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas, quen aproveita para facer, desde a súa particular vivencia, un percorrido histórico da micoloxía e da situación actual en Galicia, así como unha serie de propostas de aproveitamento gastronómico dos cogomelos dos nosos bosques e prados.

17,55 € 17.55 EUR 17,55 €

17,55 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.