Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

AS ALUMNAS- Paula Carballeira
Premio Follas Novas 2023 á mellor Obra de teatro. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.
13,90 € 13.9 EUR
A FABRICA DO TEATRO - Michel Pruner
O sexto volume da colección Biblioteca de teatro que editan Galaxia e o IGAEM que nace como ferramenta útil para consulta e espallamento de todo o relacionado co mundo do teatro. Unha colección que propón diferentes maneiras de abordar o xeito teatral.

Michel Pruner en A fábrica do teatro presenta os diversos axentes que participan no teatro, definfindo polo miúdo o seu estatuto e presentando as súas funcións básicas: o autor dramático, o actor, o director de escena, o escénografo, o figurinista... O libro parte da realidade de que a elaboración dun espéctaculo teatral é un traballo colectivo que comporta aspectos moi diversos, desde os culturais ata os técnicos ou económicos.
28,75 € 28.75 EUR
4 PEZAS de Carballo Calero (A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A Arbre e Auto prisioneiro
Estas 4 pezas foron recollidas nesta edición facsimilar recollidas polo autor no volume Tetro completo, publicado por Edicións do Castro no ano 1982.
6,00 € 6.0 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
IRIBARNE - Esther F.e Xavier C.
Iribarne é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só dous aniños –coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera–, e tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharelato coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid –seguindo o rastro doutro galego ilustre– nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como el que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!
15,00 € 15.0 EUR
LOS SANTOS INOCENTES - Miguel Delibes
Los santos inocentes es una de las grandes novelas del siglo XX y su envergadura se agiganta ante el reto de transformarla en texto teatral. Delibes, en poco más de ciento cincuenta páginas, crea un universo tan sólido y veraz que a veces parece trascender a su autor. Habitan ahí personajes extraordinarios, más vivos y complejos en cada nueva lectura, que surgen de una mirada lúcida e inmisericorde sobre la España del franquismo, que es también una mirada sobre el ser humano, sobre el mundo y, sin duda lo principal, sobre la España de hoy.

Delibes no muestra circunstancias y personajes que fueron y ya no son. Al contrario: advierte que esas circunstancias y esos personajes nunca se acabaron de ir, siguen estando ahí, aunque sea con otras formas, aguardando la oportunidad de retornar con fuerza nueva.

El lector detectará en Azarías rastros de héroe anómalo, un silencioso corazón grande en Régula, la maldad impune de Iván, que todo lo quiere dañar. Paco, con su resignación férrea, es acaso el personaje de Los santos inocentes que más nos concierne. Paco el Bajo es la pregunta y cada uno de nosotros la respuesta.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
AS MIL VIDAS DE DOROTEA - Lorena Conde
Nenas e nenos! Señoras e señores!
Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos.
Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”.
Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e,
ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena, a mestra, actriz, dramaturga e muller brava,
que traballou moito e moi duro por facer o que máis quería: teatro.
Pasen e lean!
14,00 € 14.0 EUR
FESTAS DE GARDAR - Díptico para a resistencia - Lorena Conde
O acto de crear (o que sexa, tanxible ou incorpóreo, duradeiro ou efémero, minúsculo ou colosal) é un fenómeno abraiante. Á marxe da fortuna no resultado dese acto de creación, xa só o feito de extraer do nada o que antes non existía é misterioso mesmo para quen o logrou.

Este efecto fascinante é o que fai que o xesto de creación n’A Feroz sexa un acto de gozo e entrega absolutos. Construímos en comunidade o que antes non existía nin sequera na imaxinación individual de cada unha de nós. O noso é un teatro de índole eléctrica, vai atravesando o circuíto que somos coma un impulso de enerxía brillante e vibrante. E nós deixámonos, claro. Porque, como non rendelo todo ante a felicidade de ver traducido o sentir e o pensar colectivo a unha cerimonia escénica que nos reúne coas nosas iguais e nos permite re-crear o xa creado unha e outra vez?

Por iso este volume, para compartir por todas as vías ao alcance a felicidade do construído e facer festa do abraio e tamén do fracaso en comprendelo completamente. Porque, como di nestas mesmas páxinas Manuel Antonio (ese non, o outro): “Marabíllame a nosa fermosísima complexidade e o perfectamente compatible que é con facer o idiota”.

Así que fagan festa con nós e gárdennos un baile.
16,50 € 16.5 EUR
BONECAS - Raquel Castro
PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2024
Á tenda de Xurxo, Xoguetes e brinquedos, chega Lois, un xoguete moi especial: un robot dotado dunha intelixencia superior, que non quere pertencer a ninguén. Alí atoparase con Lara,
a boneca chorona, e con Filipa, a boneca cantareira, que desexan coñecer mundo e deixar de estar pechadas nun escaparate. Chegarán os nosos inventos a superarnos en intelixencia e sentimentos ata o punto de vivir pola súa conta?
12,80 € 12.8 EUR
RECONVERSION - Santiago Cortegoso
En Reconversión Santiago Cortegoso realiza un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. Entre o íntimo e o político, a obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80 do século pasado.
Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o «Felipismo» dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
10,00 € 10.0 EUR
MEDEA - Heracles
Medea chegou a ser unha das traxedias máis valoradas xa non só do seu autor, senón do conxunto da traxedia grega clásica conservada. A día de hoxe, poucos estudos e poucas edicións omiten a etiqueta de “obra mestra” coa que se recoñece a Medea, unha traxedia na que Eurípides exhibe con amplitude o seu talento e os seus recursos como dramaturgo.

Eurípides foi un dos primeiros en conferirlle un protagonismo tráxico total a Medea, princesa meiga da Cólquide e filla do rei Eetes, que axuda a Xasón a conseguir os seus obxectivos e acaba casando con el. Nesta traxedia Eurípides buscou afondar no lado máis humano, visceral e violento do heroísmo tráxico.

En Heracles, Eurípides altera dun xeito significativo a materia mítica da que parte, subvertendo a orde dos acontecementos que era a habitual na tradición oral do mito. Como sucedía en Medea, un dos elementos máis estremecedores do conflito tráxico é un infanticidio, aquí tratado dun xeito probabelmente máis indulxente coa man executora de tal crime.
18,00 € 18.0 EUR
CONXO, NON RESTRAINT - Alberto Ramos
Isto non é un xuízo. Non hai fiscais nin tribunal nin xurado. En Conxo, non restraint tan só atoparemos as posibles deliberacións do Comité de Ética Asistencial dunha área sanitaria que se enfronta á reclamación interposta por Marcos García, un cidadán, un fillo, talvez un simple actor. No seu requirimento, un de tantos outros, esíxense explicacións polo que considera o trato vexatorio que sufriu a súa nai nunha planta de psiquiatría. Un trato que, a ollos de Marcos, resulta contrario aos estándar de calidade e de atención digna propios dun servizo público.

Sobre o papel, catro actrices e dous actores, unha familia, varios equipos médicos, as dúbidas, a incerteza, as declaracións e os xogos escénicos. Todo isto fai de Conxo, non restraint o que é: un artefacto de sutil intriga, de cómplice reflexión co público e de ácido humor. En definitiva, un artefacto teatral.
18,00 € 18.0 EUR
OS SERÁNS EN VILANCOSTA - Unha homenaxe a Avelina Valladares
Nos seráns, en Vilancosta, soa a música e a poes¡a.
De acabalo pola beira do Ulla, melena longa, ollos azuis, expresión humilde, pero decidida, pasea a imaxe de Avelina Valladares: intelixente, culta, dedicada á familia, empática cos humildes e dona dun carácter independente e resolutivo; dona de seu.
13,80 € 13.8 EUR
EROSKI PARAÍSO - Chévere
Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria . [Fragmento do limiar de Xesús Ron: O estado de benestar desde o lado da sombra] Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.
13,00 € 13.0 EUR
AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - Chévere
Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva. Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que o grupo Chévere realizou unha escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

13,00 € 13.0 EUR
A LETRA PEQUENA DAS COUSAS - José Luis Baños de Cos
Carlos entra nunha tenda de roupa dunha multinacional para mercar unha camiseta. Na etiqueta atopa unha misteriosa mensaxe cosida. Seguindo as súas puntadas, e coa axuda de Sofía, dependenta da tenda, descubrirá a vida de Salma, unha cativa que traballa nunha fábrica téxtil dun afastado país.
12,40 € 12.4 EUR