Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

BARCAS E BARCOS DOS RÍOS GALAICOS - Patrimonio fluvial naval - Lois Ladra
Convídanos a navegar polas augas dos nosos ríos para descubrir as embarcaciones fluviais documentadas en Galicia, as súas características y os seus usos. Así también, fai unha achega ás embarcaciones de otros ríos peninsulares de la bacía atlántica.
Esta obra, libro que teño a honra de prologar, é froito de moitos anos de pesquisa: non só en bibliotecas e arquivos, senón tamén con traballos de campo realizados na procura de embarcaciones fluviais en Galicia e no norte de Portugal, con propósito de fotografiar , medir y anotar as súas características constructivas, así como poder falar cos seus constructores ou donos para recadar más información e, A veces, para comprobar personalmente su flotabilidad, su capacidad de carga y su operatividad de sus medios de propulsión. Esta minuciosidade tivo como resultado que este libro constituye el estudio más completo realizado ata a data sobre as embarcaciones fluviais tradicionais de Galicia.
15,00 € 15.0 EUR
MAR DE OUTES - Santiago Llovo Taboada
Na época da navegación a vela non existían carpinteiros máis contrastados no sector, nin embnarcacións de mellor fasquía e máis feiticeiras que as que se construíron nos talleres de o Freixo, San Cosme ou Roo, " zona cero" da carpintería de ribeira en Galicia...
20,00 € 20.0 EUR
RECONVERSION - Santiago Cortegoso
En Reconversión Santiago Cortegoso realiza un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. Entre o íntimo e o político, a obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80 do século pasado.
Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o «Felipismo» dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
10,00 € 10.0 EUR
NA ESCURIDADE DAS ONDAS (A traxedia do pesqueiro La Isla no mar da Torre de Hércules) - Fernando Patricio Cortizo
Lembro de ben rapaz escoitar falar do arrepiante naufraxio do pesqueiro La Isla, acontecido no 1970 aos pés da Torre de Hércules. Os veciños das Lagoas foron os primeiros en dar a voz de alarma. Sí se salvou un home dos quince que ían a bordo.

O porto da Coruña era daquela o primeiro en descargas de peixe fresco de Europa, mais contrastaba coa inexistencia na propia cidade herculina de medios de salvamento marítimos e aéreos para auxiliar aos náufragos, o que derivou nun estourido de carraxe e indignación social como nunca antes de vira en Galicia.

A traxedia deste pesquero herculino provocou que tres anos despois do seu afundimento se instalase na Coruña a primeira base da Cruz Vermella do Mar en España, a cal se dotaría coa primeira embarcación de rescate autoadrizable do Estado e, ao mesmo tempo, que chegase ao aeroporto de Alvedro o primeiro helicóptero do SAR de todo o norte peninsular. Tamén, grazas ao GRAS, formado por mergulladores do Clube do Mar de San Amaro, unidos inherentemente a este naufraxio, nacería o xérmolo do que serían anos despois as GEAS no seo da Garda Civil.

Tras coñecer de preto as vidas dos quince tripulantes e as das súas respectivas familias, que me abriron as portas das súas casas e compartiron conmigo as súas vidas, humildemente, daríame por satisfeito se este traballo servise para outorgar a relevancia que realmente merecen os seus protagonitas neste fito clave da historia marítima do noso país.

O 4 de outubro de 2020 cumpríase o 50º aniversario desta traxedia marítima, e un grupo de asociacións e entidades organizámoslles ás familias dos náufragos unha sentida homenaxe na Coruña.

A tripulación do pesqueiro La Isla non morreu en van. Somos salitre.

Fernando Patricio Cortizo
25,00 € 25.0 EUR