Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

12,00 € 12.0 EUR
Outear
Investigación sobre o patrimonio material e inmaterial de Outes.
15,00 € 15.0 EUR
O CASTELO DE OUTES E OS MONUMENTOS DO BARBANZA - Xesús Antonio Gulías Lamas
Actualmente quedan moi poucos restos do que foi o castelo de Outes. Neste libro recóllense documentos que testemuñan a súa existencia, así como o seu estado alá polo ano 1526, cando tivo lugar o “Pleito Tabera-Fonseca”. A segunda parte presenta unha descrición arquitectónica dos monumentos medievais do Barbanza, prestando atención ás marcas dos canteiros.

11,00 € 11.0 EUR
A CARPINTERÍA DE RIBEIRA E OS ESTALEIROS NO CONCELLO DE OUTES - Xoán Francisco García Suárez
García Suárez ofrécenos unha completa panorámica sobre a carpintería de ribeira e os estaleiros nun concello pertencente á ría de Muros-Noia como é o concello de Outes. Logo dunha breve introducción sobre as orixes e importancia que as comunidades de pescadores tiveron no desenvolvemento socioeconómico da ría, así como as actividades relacionadas co comercio e o transporte de persoas por mar, o autor céntrase de xeito especial nos séculos XIX e XX, nos que apoiado na consulta dunha rigurosa documentación en arquivos e rexistros da Capitanía Marítima de Noia, pon de manifesto a grande importancia que a actividade constructora naval en madeira acadou no concello de Outes.

Xoán F. García con este traballo contribúe a rescatar da invisibilidade unha parte desa xeografía invisible que se corresponde coa historia marítima da ría de Muros e Noia, para poñela a disposición de todos nós. Un esforzo loable que fai xustiza a unha actividade e a unhas persoas admirables posuidoras dunha habilidade e enxeño para construír algo tan extraordinario como un barco de madeira.
8,50 € 8.5 EUR
RECOMPILATORIO TERRA DE OUTES - 2007-2017
Recompilatorio da Revista Terra de Outes (2007-2017)
15,00 € 15.0 EUR
OS HÓRREOS DE SAN COSME - Xoán X. Mariño Reino
Investigación sobre os Hórreos de San Cosme de Outes.
15,00 € 15.0 EUR
OS HÓRREOS DE SANTO OURENTE - Xoán X. Mariño Reino
Investigación sobre os hórreos de San Cosme en Outes.
15,00 € 15.0 EUR
OS MUÍÑOS DE OUTES - Xoán X. Mariño
Investigación sobre os muíños de Outes.
7,00 € 7.0 EUR
MAR DE OUTES - Santiago Llovo Taboada
Na época da navegación a vela non existían carpinteiros máis contrastados no sector, nin embnarcacións de mellor fasquía e máis feiticeiras que as que se construíron nos talleres de o Freixo, San Cosme ou Roo, " zona cero" da carpintería de ribeira en Galicia...
20,00 € 20.0 EUR
NOIA E MUROS, PAISAXES URBANAS DE SÉCULOS - II. Da destrución á ordenación, protección e rehabilitación da paisaxe construída (1950-2020) - Pedro García Vidal
Na ría de Muros-Noia , onde o Atlántico perde a súa bravura convertido nun mar interior , as vilas que lle dan nome ofrécense como exemplos para mostrar como a riqueza cultural nace dunha longa historia de procesos naturais e de intervención e imaxinación humanas . No espazo actual de Noia e Muros podemos ler o tempo por mor da presenza de vestixios do pasado - visibles uns , outros invisibles - que permanecen como pegada territorial doutras xeracións que nos precederon . Dende un enfoque histórico - xeográfico achegámos a estas entidades urbanas coa pretensión de descifrar e realzar a súa riqueza cultural . A análise da evolución histórica da súa paisaxe ten como principal obxectivo aportar elementos para un mellor coñecemento da paisaxe actual e de súa problemática así como criterios para unha mellor xestión do territorio , pois pensamos que unha axeitada perspectiva histórica axuda a unha mellor comprensión dos procesos que conduciro ata a crise do presente , así como deseñar con sentido outras opcións de desenvolvemento urbano máis sustentables .
30,00 € 30.0 EUR
A VIDA EN NOIA NO SÉCULO XVI - O papel das mulleres nunha vila mariñeira - Manuela Pérez Mato
No século XVI , o porto de Noia era o centro de actividades de toda a ría , converténdose nun " nucleo redistribuidor " de importacións . Noia era unha vila chea de vida cunha economía florecente que se sustentaba en dous piares básicos : a pesca e o comercio . As noiesas desempeñaron tamén unha gran variedade de oficios e participaron , soas ou cos seus maridos , en actividades comerciais e financieiras . Polo mar que trouxo tanta riqueza, tamén chegou a morte : ao verse Noia afectada por varios gromos pestilentes no derradeiro terzo do século XVI . " Este traballo de investigación ten un dobre obxectivo : (... facer ) revivir un peirao de mariñeiras e mercadores - homes , pero tamén mulleres - ( ... e ) pretende servir de base para posteriores estudos , poñendo á disposición dos lectores parte da copiosa recompilación de fontes reunidas ... " , que nos falan da vida profesional e persoal dos nosos devanceiros .No século XVI , o porto de Noia era o centro de actividades de toda a ría , converténdose nun " nucleo redistribuidor " de importacións . Noia era unha vila chea de vida cunha economía florecente que se sustentaba en dous piares básicos : a pesca e o comercio . As noiesas desempeñaron tamén unha gran variedade de oficios e participaron , soas ou cos seus maridos , en actividades comerciais e financieiras . Polo mar que trouxo tanta riqueza, tamén chegou a morte : ao verse Noia afectada por varios gromos pestilentes no derradeiro terzo do século XVI . " Este traballo de investigación ten un dobre obxectivo : (... facer ) revivir un peirao de mariñeiras e mercadores - homes , pero tamén mulleres - ( ... e ) pretende servir de base para posteriores estudos , poñendo á disposición dos lectores parte da copiosa recompilación de fontes reunidas ... " , que nos falan da vida profesional e persoal dos nosos devanceiros .
16,00 € 16.0 EUR
ORFEU EN SOÑOS - Ramón Blanco
Esperta este Orfeu en soños de vedraia tumba de marbre, nun illote fronte ás costas de Tracia, erguendo a fonte limpa do seu canto e a súa profética sombra (Pantasma de dubidoso aspecto) dende as primeiras páxinas do libro. Mais non recalará a súa lira nas costas mediterráneas –homérico mar, escuro coma o viño–. Na súa singradura escorregan ronseis e hexámetros clásicos sobor das ondas, e os timoneis –de Ulises a Derek Walcott e Manuel Antonio– sucan por mares nunca de antes navegados. O obxetivo son as Illas Afortunadas, metáfora ou paráfrase incompleta da Arte e da Poesía Boa. Cada poema é arquipélago de seu; os versos, as imaxes corren en carreira desbocada, iluminan uns instres antes de apagarse –como chama– e seren sobrepasadas na carreira. Recalada nunha illa: rubimos entre o recendo de rústicas flores a tortuosa xeografía da sintaxe. En cada río e curso de auga toma quizaves Ofelia as nove ondas que fecundan estes versos. E os paxaros faladores esgazan co peteiro follas que conteñen poemas de amor. (Conde de Paço Tristão).
10,00 € 10.0 EUR
CONCELLO DE LOUSAME - Patrimonio arqueolóxico, hitórico, artístico e arquitectónico - Claudio González Pérez
PATRIMONIO é o que se herda dos país, cando se trata dos bens dunha familia, e no caso dun país, concello, parroquía ou aldea, todo canto se conserva dos devanceirosdende que se sabe da súa existencia atra os nosos días. Pode ser Material (flora, fauna, arqueoloxía, arquitectura, arte, ferramentas...) e Inmaterial (cantigas, música, contos, lendas...).
14,00 € 14.0 EUR
NOIA Y SU HISTORIA - Paulo Nogueira Santiago
Tras dos décadas investigando la villa de Noia, que le vio crecer, el autor nos ofrece esta historia de Noia, que también rinde homenaje a los primeros historiadores de Noia. La "muy noble, muy leal y muy antigua villa de Noia", de la que dice la leyenda que fue fundada por los descendientes de Noé, se convirtió en un puerto comercial gracias a los privilegios otorgados por los monarcas españoles. En el siglo XVI, Noia fue vendida por Felipe II a banqueros fenoveses y sus gremios mantuvieron a flote el comercio noiés, a pesar de las crisis económicas que asolaron los siglos XVII, XVIII, XIX. Desde el siglo XX, Noia, este antiguo puerto de Compostela que había sido también residencia de verano de los arzobispos de Santiago, anda buscando permanentemente su esplendoroso pasado económico.
14,00 € 14.0 EUR
UNA LOCA EN UN MUNDO DE CUERDAS - Raquel Romarís
Si tienes este libro en tus manos es por algo. Yo de ti me lo compraría. ¿Será el destino? ¿No crees en el destino? Igual, si lo lees cambias de opinión. Igual, si lo lees cambias de opinión en muchas otras cosas. Quizás sea mejor que no lo leas. Es… diferente.
11,90 € 11.9 EUR