BRUXAS E DRAGÓNS - Daba Iagá - Ledicia Costas e Luismi Pérez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2681/image_1920?unique=7863ba2
(0 reseña)

Un libro que non só se le" ... tamén se xoga! Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben" ... ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia. Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

18,95 € 18.95 EUR 18,95 €

18,95 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.