ESTE MES DE MARZO LEMOS: "OS MORTOS QUE AMEI" DE IRIA COLLAZO
O dia 29 de marzo ás 12:00 faremos a terceira sesión do Club de Lectura da ULA, aberto a todas as persoas que queiran achegarse a él.
Este mes, lemos Os mortos que amei de Iria Collazo, un libro moi tenro que fala da vellez, do paso do tempo e da soidade non elexida polo paso do tempo e a morte dos seres queridos. As personaxes desta lectura son moi reais, non son perfectos, e é por iso que a historia é tan familiar e acolledora para calquera de nós.
É unha fermosa homenaxe a todos os nosos mortos, e tamén un alegato a unha vellez activa, ao respecto pola autonomía e independencia das persoas maiores que en forma de "road trip" nos fan sentir unha aperta por sentir o quente do fogar e as relacións familiares.
Anímaste falar con nós sobre este libro?
**Actividade gratuíta e 5% de desconto no libro en tenda.