O TRASEIRO DO REI - Raquel Saiz e Evelyn Daviddi
O rei dispoñíase a almorzar como todos os días no comedor real. Cando foi sentar no trono... cravou un alfinete no cu. 𠅊i! Ai! Ai! —laiábase suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocar o traseiro do rei. Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio Raquel Saiz constrúe un texto áxil sinxelo e divertido moi apropiado para os máis cativos. Con enxeño e gran sentido do humor amósanos a cara máis absurda de persoas de alta categoría social que por por mor do seu rango parecen incapaces de resolver un asunto tan sinxelo como o de lle quitar ao rei un alfinete do cu.