O IDIOMA GALEGO BAIXO O FRANQUISMO - Da resistencia á normalización - Henrique Monteagudo

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1924/image_1920?unique=702f2f3
(0 reseña)

Esta obra, continuación da Historia social da lingua galega, ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Nela analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na marxinación sistemática do galego, e aténdese ás dinámicas sociais que abocaron a un proceso de substitución masiva do galego. O seu foco sitúase na resistencia políticocultural galeguista, nomeadamente, na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor. Analízanse os avances conseguidos no estudo, cultivo e elaboración do galego e os debates públicos que se desenvolveron ao redor de todas estas cuestións.

30,00 € 30.0 EUR 30,00 €

30,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.