Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

ARRECENDE A LIMPO - Mary Ann Simpson
En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños.

Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.
17,00 € 17.0 EUR
AS BICICLETAS SI SON PARA GALICIA
As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista, de mobilidade sustentable e feminista. Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.

Inclúe colaboracións da socióloga Iria Vázquez, o experto en mobilidade Daniel Díaz e o xornalista Carlos Risco que, respectivamente, nos falan sobre bici e xénero, a bicicleta no rural e a bicicleta na Galicia urbana.
19,90 € 19.900000000000002 EUR
A HORTA SEN QUÍMICOS - Xan Pouliquen
Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello.

Tamén os que se dedican a isto da horta ecolóxica para venderen o froito do seu traballo atoparán aquí información útil, pero deben saber, con todo, que moitas ideas e prácticas descritas non son aplicábeis á produción comercial.

A horta é para pasalo ben, facer exercicio e compartir cos veciños, as netas ou a parella. Este libro é pequeno, non pretendemos facer aquí unha enciclopedia. Por iso, a idea foi procurar dar información práctica e directamente aplicábel, cunha redacción apropiada para un público máis ben novato.
21,85 € 21.85 EUR
19,90 € 19.900000000000002 EUR
INVENTARIO DAS AVES
Das máis de 10.000 especies de aves que hai no mundo,
este libro recolle 80: dende o pingüín ao colibrí, da anduriña
ao merlo, da curuxa ao pelícano...
Ademais dun pequeno vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, descríbese a plumaxe de cada especie, peculiaridades
da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos
de apareamento, entre outros detalles sorprendentes, como o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos como o tamaño
e a envergadura media de cada ave para comparalas entre si.
18,00 € 18.0 EUR
PLANTAS MEDICINALES Y CURATIVAS
Esta obra describe una gran variedad de plantas medicinales y curativas, muchas de las cuales proporcionan valiosos principios activos que son aprovechados por la industria farmacéutica. Un volumen, con numerosas y detalladas ilustraciones, que ofrece una gran cantidad de, además de una interesante introducción con la historia, evolución y clasificación de las distintas plantas.
19,95 € 19.95 EUR
INVENTARIO DE ROCHAS E MINERAIS
Unha amena e rigorosa guía ilustrada para descubrir o fascinante mundo das rochas e dos minerais. De onde vén o ouro e por que é tan valioso Que é a pirita, o xofre De que está feito o xeo Onde se encontran a pedra pómez e a arxila A través de breves textos explicativos, este novo Inventario ilustrado mergúllanos no coñecemento das rochas e dos minerais, desde a súa orixe ata a súa composición, pasando polo seu uso e o seu simbolismo. Este volume, que fai o número dez, vén acompañado dun catálogo-guía que permitirá lembrar todos os títulos desta orixinal colección na que conflúen ciencia e ilustración.
18,00 € 18.0 EUR
8,90 € 8.9 EUR
ECOS DEL BOSQUE - Aitor Ventureira San Miguel
En el corazón de nuestras montañas, árboles majestuosos crean paisajes de belleza incomparable. Nuestros ancestros veneraron estos árboles como símbolos de conexión entre el subsuelo sagrado y el cielo. Aunque en el mundo moderno hemos perdido gran parte de esta conexión con la naturaleza, sigue resonando en nosotros el deseo de reconectar con ella, de buscar en el bosque un refugio y un hilo con nuestro pasado. Este libro nos lleva a explorar la riqueza y la magia de los bosques de Euskal Herria. Dedica cada capítulo a una especie arbórea clave, y explora las leyendas, rituales y usos relacionados con ella. A través de textos, fotografías e ilustraciones, Aitor Ventureira San Miguel nos invita a redescubrir el bosque, ya sea desde la comodidad de nuestro hogar o explorando sus senderos, para recuperar esa conexión con nuestra esencia más profunda.
23,00 € 23.0 EUR
ADEUS, PLÁSTICO! - Chaves para unha vida sen residuos
O plástico é un potente símbolo de modernidade , pero tamén das súas contradicións. A batalla contra o plástico xa está en andamento , mais , con tantas dúbidas e sobreinformación ,ás veces queremos facer as cousas mellor e non sabemos como . Adeus , plástico ! explica o panorama actual con cifras e datos chave , deixa ao descuberto o problema dos plásticos de usar e desbotar ( para o ambiente e tamén para a saúde ) , as consecuencias da obsesión pola reciclaxe e as alternativas posibles , e está inzado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos en todos os aspectos da nosa vida cotiá .
Unha guía para ler , reler ,subliñar , ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión : reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico até chegarnos aun refugallo case cero .
19,90 € 19.900000000000002 EUR
GUÍA PRÁCTICA ILUSTRADA PARA EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE Y LA VIDA EN EL CAMPO - John Seymour
* La guía clásica para vivir de manera más sostenible, de uno de los padres del movimiento por la autosuficiencia.
* Desde hace más de cuarenta años, John Seymour es una fuente de inspiración para miles de personas que pretenden vivir de manera más responsable y ecológica. Su apreciado manifiesto para vivir "la buena vida" abarca todo lo que necesita saber para vivir de manera independiente.
* Cómo partir leña, cultivar sus propios productos, elaborar cerveza y queso, e incluso criar y sacrificar ganado.

Aunque no todos tenemos la posibilidad de huir al campo, sí podemos dar pequeños pasos hacia una vida mejor. Esta guía atemporal servirá de inspiración a cualquiera que en alguna ocasión haya buscado la paz lejos del mundanal ruido del mundo moderno.
39,90 € 39.9 EUR
LAS PLANTAS MEDICINALES DE TU JARDÍN - Miguel Mosquera Paans
El autor es periodista, escritor, especialista en medicina natural y colaborador de cadenas como CNN y periódicos de España y América. Es miembro de honor del Instituto Internacional de Medicina Natural y Premio Mundial Gourmand World Cookbook Awards 2014, una de las distinciones a libros sobre gastronomía más importantes del mundo.Este libro describe más de medio centenar de plantas habituales en nuestro entorno y ofrece una información detallada sobre las propiedades medicinales de cada una, así como las indicaciones para reconocerlas y utilizarlas. Este completo trabajo incluye fotografías en color de cada una de las plantas descritas y un índice por dolencias que guiará al lector para utilizar este libro como un manual práctico para utilizar correctamente cada una de las plantas.
16,00 € 16.0 EUR
EL EXTRAORDINARIO MUNDO DE LAS AVES - Los secretos de su observación - Luis Martínez
Probablemente las aves han captado la atención del ser humano desde nuestra aparición en la tierra: vuelan, cazan, cantan, lucen plumajes de llamativos colores y desaparecen de un lugar durante meses para regresar después y de forma inexplicable al ritmo de las estaciones.

Este libro pretende despertar en el lector el interés por esos maravillosos seres emplumados, sirviendo como guía para ayudar a dar los primeros pasos en el mundo de la observación de aves: cómo identificarlas, cómo podemos atraerlas a nuestro propio jardín, qué materiales necesitaremos o cómo influyen las estaciones.

íEngánchate al birdwatching y descubrirás historias como jamás imaginaste!
20,95 € 20.95 EUR
MEDICINA POPULAR - Elisardo Becoña
Desde as orixes da humanidade o home preocúpase pola súa saúde, combatendo a enfermidade e o mal. As crenzas relacionadas coa saúde e a enfermidade son o obxecto deste libro, son aqueles relacionadas co mundo simbólico, sobrenatural e as referidas ou relacionadas co demo. En torno a chamada enfermidade do “mal do ollo” analízanse aqueles aspectos máis sobranceiros da medicina popular, entendida esta como enxeño da necesidade.
8,98 € 8.98 EUR
INVENTARIO ANIMALES CON COLA - Emmanuelle Tchoukriel
Para non perder o equilibrio, desprazarse, comunicarse, atacar ou defenderse... A cola destes animais é máis importante do que parece e este álbum descúbrenos as formas, colores e funcións deste curioso apéndice en especies de todo o mundo. Coñecemento e entretemento en defensa da biodiversidade.
18,00 € 18.0 EUR
INVENTARIO DE FROITAS E VERDURAS - Virginie e Emmanuelle
¿Inventario ilustrado de froitas e verduras? reúne un cento
de deliciosos e nutritivos bocados: plantas comestibles
que se poden tomar crúas ou cociñadas. Froitos, talos, bulbos, raíces, sementes, follas, flores? mesmo produtos -como tés, cafés, marmeladas ou chocolates- que se obteñen a partir das materias primas. Tampouco faltan especias, fungos e algas. Hainos comúns como as uvas ou as patacas, exóticos como a carambola, ou con nomes tan rechamante como pan de cabra.
Esta obra, baixo a supervisión científica da doutora enxeñeira agrónoma Paule Lacroix, permite distinguir entre o concepto botánico da planta e o termo culinario relativo á súa elaboración para o consumo humano. E sobre todo, contribúe a poñer en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.
18,00 € 18.0 EUR
INVENTARIO DAS FLORES - Virginie e Emmanuelle
Hai ao redor de 230.000 especies de plantas con flores
en todo o mundo. A maioría delas danse nos bosques tropicais,
e en Europa temos unhas 12.000 especies distintas.
As flores apareceron na Terra hai sesenta millóns de anos,
moito antes de existiren os humanos...
As páxinas do "Inventario ilustrado de flores" son un festival
de colorido -e de aromas suxeridos- que, a través de 62 tipos
de flores, nos leva de viaxe por todo o mundo: dende as rexións
de África do Sur de onde vén a ave do paraíso, ata a illa indonesia
de Sumatra de onde é orixinario o efémero aro xigante,
pasando polas pradarías próximas onde medran as margaridas.
18,00 € 18.0 EUR
INVENTARIO DOS INSECTOS - Virgine e Emmanuelle
"Inventario ilustrado de insectos" reúne 65 especies
de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros...
Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais
que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogado
un millón de tipos de insectos, calculan que a cifra real
está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo,
son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización
das flores e son o sustento doutros animais.
As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernos
de campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores
e as transparencias.
18,00 € 18.0 EUR
LA HUERTINA DE TONI - Diario del hortelano - 2025
Una herramienta práctica para cultivar tu propio huerto de la mano de un gran conocedor de todos sus secretos: Toni Jardón, del exitoso canal La Huertina de Toni.Tener tu propio huerto significa trabajo, observación, ganas de seguir pese a los contratiempos, buenas dosis de sentido común y, sobre todo, mucha paciencia. Aunque hay algo de «magia» en esto de llevar tu huerto, la clave está en la organización: llevar un control detallado tanto de los pasos que ya se han dado como de los que quedan por dar. Este Diario de un hortelano, con un cuaderno de campo incluido, te permitirá llevar al día la evolución de tus cultivos y hacer frente, de manera eficaz y rápida, a los obstáculos que encontrarás (plagas y enfermedades, falta o exceso de agua, de luz, etc.) en el fascinante proceso de nacimiento, crecimiento y desarrollo de tus plantas. También encontrarás un capítulo dedicado a la influencia de la Luna —las fases lunares— en el huerto, información que nuestros ancestros ya conocían, aunque hayamos tenido que esperar cientos de años para poder entenderla y transmitirla de manera coherente y sistematizada. «Tener y cuidar tu propio huerto es una aventura maravillosa de la que sacarás enormes conocimientos y vivencias. Por eso te invito a registrarlo todo en este libro-cuaderno: gracias a tus anotaciones (recordatorios, avisos…) te convertirás en un hortelano cada vez más preparado y no habrá cultivo que se te resista».
14,90 € 14.9 EUR
MAR, INDUSTRIA E SOBERANÍA ALIMENTARIA - Gonzalo Rodríguez
A pesca como sector de actividade económica que produce pescado foi e é motor de crecemento económico galego. Gonzalo Rodríguez achéganos, como experto coñecedor, aos escenarios en que se desenvolve esta actividade: a pesca extractiva, a piscicultura mariña, a produción mitícola, o subsector marisqueiro, os procesos de produción de conxelado, a industria transformadora de novas presentacións do produto pescado, a conserva clásica e, por suposto, a actividade comercializadora na UE e no resto do mundo. A pesca galega completa de inicio a fin o conxunto de procesos que van desde pescar até producir pescado como alimento distribuído e faino de forma sustentábel, innovadora e rendíbel. Producir pescado é ser capaz de contribuír á soberania alimentaria e a pesca galega realiza con éxito sostido esta actividade.

15,60 € 15.6 EUR
MIRADAS TRANSVERSALES DESDE LOS FEMINISMOS - VVAA
La crisis sistémica que padecemos nos plantea enormes retos que, sí o sí, debemos afrontar con un enfoque transversal, que atienda a las diferentes dimensiones de los problemas e injusticias y la intrínseca relación entre ellos. El trasfondo de esta obra colectiva está impregnado de claros deseos y voluntades intelectuales y políticas delineadas cuidadosamente. Hemos tratado de aportar una pequeña semilla a la necesaria despatriarcalización y descolonización del conocimiento, buscando el encuentro de voces y saberes procdentes de un grupo de mujeres activistas, pensadoras, intelectuales irreverentes. Así, en este libro nos encontramos textos que abordan la lucha feminista desde perspectivas anticapacitistas, antirracistas, decoloniales, agroecológicas, etc. con el anticapitalismo como telónd de fondo y condición sine qua non para lograr avanzar en justicia social. Transcripción de las jornadas celebradas el 29 y 30 de septiembre de 2022 en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Sevilla y el centro vecinal Pumarejo y financiadas por el Instituto de la Mujeres del Ministerio de Igualdad.
18,00 € 18.0 EUR
ECOFEMINISMO - Intersecciones feministas con otros animales y con la Tierra - Carol J. Adams e Lori Gruen (eds.)
La crisis climática amenaza la vida en la tierra. La combinación de capitalismo, colonialismo y patriar cado ha llevado al planeta a una situación crítica que solo podemos superar con cambios profundos y rápidos. Para ponerlos en marcha, contamos con la teoría y la práctica ecofeminista, basada en una relación completamente diferente con la naturaleza y con el resto de animales. Frente al extractivismo, la dominación y la explotación, el ecofeminismo opone una forma de ver el mundo en la que todos los seres que habitan el planeta forman parte de una única red de relaciones que debe cuidarse y protegerse. Este volumen, coordinado por dos de las activistas antiespecistas más reconocidas, recoge propuestas para pensar el fin del capitalismo, el colonialismo y el patriarcado desde ámbitos tan diferentes como los feminismos negros, las teorías queer o el ecologismo radical. El resultado es una caja de herramientas que sirve tanto para la reflexión teórica como para la acción práctica y que se torna imprescindible de cara a la superación de la crisis climática.
26,00 € 26.0 EUR
HORTA MEDICINAL - Remedios da casa - Maria Frá Bagaria
A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de“natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións. Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.
27,60 € 27.6 EUR
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO - Especialización, asociacionismo e cooperativismo - Ángeles Pereira Sánchez
Especialización, asociacionismo e cooperativismo. Este libro da conta da importancia dos servizos no proceso de cambio no sector agrario ao longo das últimas décadas.

Debulla o modo en que, ao longo das últimas décadas, os profesionais do agro e da gandería en Galicia van botando man de diversos servizos para incorporar innovacións, adaptarse a un mercado e un cadro regulador cada vez máis complexos e así poder manter a súa competitividade no mercado, coidar do medio ambiente e proporcionar bos alimentos, sen deixar de aspirar a unha mellor calidade de vida. O fío condutor do libro é a idea de que a expansión dos servizos no sector agrario reflicte a resposta adaptativa dun sector que vive una profunda crise e que precisa responder ás dinámicas globais da agroindustrialización e a liberalización dos mercados, aos novos retos da política agraria e rural, aos retos da sustentabilidade así como á evolución das propias estruturas agrarias nas últimas décadas. A través dun percorrido polos principais cambios do contexto económico, institucional e tecnolóxico que afectan ao sector agrario galego, a autora presenta ao público unha análise do cambio de modelo agrario galego no contexto da Economía de Servizos e do Coñecemento. A terciarización do sector agrario defínese pola crecente importancia e presenza dos servizos en torno ás actividades propias das explotacións agrarias. Máis alá da contratación de servizos especializados de maquinaria para as tarefas en campo, que xa conta cunha notable tradición no agro galego, este estudo mostra e explica a crecente intervención de axentes externos que aportan coñecemento técnico especializado para asesorar aos agricultores e gandeiros na innovación dos procesos produtivos agrarios e, nalgúns casos, substituílos. Afonda no estudo do papel desenvolvido polas cooperativas agrarias e outras asociacións propias do sector, incluídos os propios sindicatos agrarios. Estes axentes revélanse como fundamentais na prestación de servizos, pola súa proximidade (física e cognitiva) e pola súa capacidade de conseguir economías de escala. Igualmente, poderían sentar as bases, a través de novos servizos, para un novo modelo agrario sustentable que aproveite plenamente as potencialidades do rural galego.
24,85 € 24.85 EUR
FEIXE DE FLORES - Un programa humano, económico e ecolóxico - Xosé Luís Outes Ruso
Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.

Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.
23,20 € 23.2 EUR
RESERVA MUSGO - Robin Wall Kimmerer
En este libro, la historia natural y las relaciones culturales de los musgos se convierten en una poderosa metáfora de las formas de vivir en el mundo. Viviendo en los límites de nuestra percepción ordinaria, los musgos son un elemento común, pero en gran medida desapercibido del mundo natural. Reserva de musgo es una hermosa mezcla de ciencia y reflexión personal que invita a los lectores a explorar y aprender de la vida elegantemente sencilla de los musgos. En esta serie de ensayos personales relacionados, Robin Wall Kimmerer lleva a lectores generales y científicos por igual a comprender cómo viven los musgos y cómo sus vidas se entrelazan con las de innumerables seres. Kimmerer explica la biología de los musgos con claridad y arte, al tiempo que reflexiona sobre lo que estos fascinantes organismos tienen que enseñarnos. Basándose en sus diversas experiencias como científica, madre, profesora y escritora de ascendencia indígena americana, Kimmerer explica las historias de los musgos en términos científicos, así como en el marco de las formas de conocimiento indígenas. Conmovedor, accesible... nutrido tanto por la ciencia occidental como por las enseñanzas indígenas... Kimmerer combina, con gran atención y musicalidad, la ciencia y las percepciones personales para contar la historia ignorada de las plantas más antiguas del planeta.- The Guardián Sólido, reconfortante y tranquilamente revolucionario Robert MacFarlane. Reserva de musgo es fantástico y ofrece un punto de vista extraordinario sobre el mundo natural
20,00 € 20.0 EUR
ZONA A DEFENDER - Manuel Rivas
«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En «Zona a Defender. A esperanza indócil», Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro «Contra Todo Isto», escribe ás ceibas, con coraxe, sobre o que denomina a era Mayday, de perigo grave e inminente, para ir explorando aquilo que defende: unha internacional das conciencias, unha república de iguais, un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa, un feminismo que emancipe a mulleres e homes, descolonizar a imaxinación e sabotar con ironía todo dogmatismo, o acordo secreto entre xeracións, unha soidade solidaria, a arte de caer e pensar o impensábel... E prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa.
20,50 € 20.5 EUR
A FRAGA DOS TEIXOS - Uns ferrados de paixón pola natureza - Xosé Salvadores
«Deixar cartos para os herdeiros é unha vulgaridade; eu pretendo deixar un bosque de teixos. Un teixegal, porque o teixo é unha das árbores no noso país que máis axuda precisan, porque é deixar biodiversidade que tanto necesita a nosa Terra e o planeta, porque é deixar saúde, porque o que eu poida adiantar plantando é gañar tempo que non se pode comprar nin con todo o ouro do mundo, porque é deixar vida, porque quero que a miña obra dure centos de anos, tantos como vida ten un teixo; porque quero corrixir algo da miña pegada ecolóxica e devolver á terra o que ela me deu, e porque me peta.»
19,00 € 19.0 EUR
ANTICAPITALISMO ROMÁNTICO Y NATURALEZA - Michael Löwy e Robert Sayre
Estudio pionero de la relación del romanticismo con la crítica cultural y la protesta contra la modernidad capitalista-industrialista. Anticapitalismo romántico y naturaleza examina las profundas conexiones entre la rebelión romántica contra la modernidad y la preocupación ecolo­gista por las amenazas modernas a la naturaleza. Los capítulos abordan las expresiones de la cultura romántica desde ámbitos muy diversos: la literatura de viajes, la pintura, la visión utópica, los estudios culturales, la filosofía política y la escritura sociopolítica activista, a través de un gru­po muy diverso de figuras: William Bartram, Thomas Cole, William Morris, Walter Benjamin, Raymond Williams y Naomi Klein, entre otros. El resultado es un estudio pionero en proponer una visión mucho más am­plia de la relación romántica con el discurso y la variedad de la representa­ción ecocrítica.
18,00 € 18.0 EUR
COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? Xeoloxía de Galicia - Eduardo González Clavijo
A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día.
Por iso, con este pequeno traballo tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
22,00 € 22.0 EUR