A FRAGA DOS TEIXOS - Uns ferrados de paixón pola natureza - Xosé Salvadores
«Deixar cartos para os herdeiros é unha vulgaridade; eu pretendo deixar un bosque de teixos. Un teixegal, porque o teixo é unha das árbores no noso país que máis axuda precisan, porque é deixar biodiversidade que tanto necesita a nosa Terra e o planeta, porque é deixar saúde, porque o que eu poida adiantar plantando é gañar tempo que non se pode comprar nin con todo o ouro do mundo, porque é deixar vida, porque quero que a miña obra dure centos de anos, tantos como vida ten un teixo; porque quero corrixir algo da miña pegada ecolóxica e devolver á terra o que ela me deu, e porque me peta.»